29 / Octubre / 2005
Participaron 115 animais de 44 ganderías, todas da provincia de Lugo. É a participación máis grande en número de ganderías de todas as edicións do Concurso
En xatas, salientar a campiona, Gaigo Florita Blitz, unha preciosa xata presentada por SAT Gaigo que quedou cuarta da súa sección no Nacional. Nas xovencas, Anibal Champion Aleluya, de gandería Cid, tras ser primeira de sección no Nacional, seguiu a confirmar o seu bo estado de forma, gañando o campionato e o título de Xovenca Gran Campiona.
En vacas, poucas veces podemos ver un campionato con doce vacas como as que se viron en pista á hora de decidir os campionatos, ao xuntarse as dúas mellores de cada sección. Destacar a presencia de Baixo Stormatic Gisela, unha impresionante vaca de primeiro parto, que era a primeira vez que asistía a un concurso, cun ubre, patas e carácter leiteiro que a fixeron Vaca Nova Campiona. Esperemos que a gandería Casa de Baixo se anime a seguir presentando animais desta calidade nos concursos, xa que esta é a súa reaparición tras moitos anos sen asistir a estos eventos.
En Vaca Adulta, Xercas Ticia Wade, de gandería Xercas-Pernas, foi a gañadora, ao igual que o fixera no campionato organizado durante a Escola de Xuíces de Fefriga deste ano, celebrada en Lugo.
Pero foron as seccións de intermedias as que plantexaron a dúbida, cando menos por varios minutos, entre os asistentes e o propio xuíz. A decisión no era facil, xa que por unha banda estaba a Rosalía James de gandería Cid (copropiedade de Tomás Cancio) en moi bo momento de forma e por outra a Vaca Intermedia Campiona do Nacional CONAFE 2005, Capón Carola Lee, xuntas na mesma sección. Paulino Badiola optou pola vaca de Capón, indicando que se ben eran posicións moi próximas, Carola tiña un mellor estilo en pista, con maior fortaleza dorso lumbar e máis afiada na cruz. Cando se virón xuntas no campionato de Intermedias a Lee de Pozo e a Lee de Capón, o xuíz dixo que o tiña clar a campiona debía ser a de Pozo, a pesar de que quedou segunda por tras da Carola de Capón no Nacional de Xixón. Tal foi que posteriormente a faría Vaca Gran Campiona do concurso.
Os Mellores Criadores foron dúas ganderías de Chantada, recoñecendo o bo facer e o traballo de moitos anos de gandería Capón e gandería Outeiro.
A sección de Mellor Rabaño foi a máis concurrida das que se recordan, con sete ganderías competíndo polo título, que foi adxudicado ao grupo no que participaba a vaca campiona do concurso, de gandería Pozo.
A mellor descendencia de vaca foi para o lote presentado pola gandería Xercas-Pernas, con dúas fillas de Bos Xercas Porta Patron, unha MB87 con vintecatro fillas nacidas de embrións.
O premio á gandería de nova participación, foi para gandería Rei de Miñotelo, de A Pastoriza.
Boas vacas e un gran ambiente gandeiro, durante os tres días. O xuíz, D. Paulino Badiola, moi correcto nas súas explicacións, quedou sorprendido do alto nivel das vacas presentes no concurso.