09 / Julio / 2026
Resumo da situación sanitaria referente as enfermedades emerxentes de vacún:
LINGUA AZUL
A Comunidadae Autónoma de Galicia notificou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a detección de circulación do virus da lingua azul en Galicia. En concreto notificáronse a detección de:
Como coñecen, desde o pasado ano 2025 a política do España respecto á lingua azul, pasou de ser unha política de erradicación da enfermidade baseada principalmente na vacinación obrigatoria, a unha politica de protección, baseada na vixilancia sanitaira das explotacíóns e pasando a ser voluntaria a vacinación fronte esta enfermidade.
É esperable que nas proximas semanas ou meses, sexan dectadas novas explotacións con infección por Lingua azul, dada a alta circulación do vector transmisor (Culicoides spp) no ambiente, polo que previsblemente Galicia continuará notificando oficialmente focos desta enfermidade. A este respecto, cómpre informar que o criterio de notificación oficial seguido en España respecto a Lingua Azul, e o da notificación oficial só no caso do primeiro foco de cada serotipo en cada provincia. Cómpre lembrar que na pasada temporada 2025 de circulación viral, nas 4 provincias galegas foron notificados casos tanto do S3 como do S8. Outros serotipos circulantes na península ibérica como o S1 ou o S4 non foron detectados en Galicia na última campaña 2025 (no caso do S4, cunha difusión moito máis ampla no territorio que o S1, a non detección en Galicia foi debida ás campañas de vacinación obrigatoria que a Xunta de Galicia realizou desde o ano 2023).
Finalmente cómpre indicar que:
Non existe ningunha restrición de movementos de animais (bovinos, ovinos ou cabrúns) en relación coa Lingua azul a nivel do territorio peninsular (si existen requisitos no caso de movementos a Baleares ou Canarias, así como en movemtentos intracomunitarios ou con terceiros países; agás que os animasi non presenten signos de enfermidade antes da carga.
Os serotipos circulantes actualmente (S3 e S8) producen maior sintomatoloxía clínica que o S4 circulante en Galicia desde 2023. Esta sintomatoloxía é máis acusada en gando ovino, pero tamén individualmente poden existir bovinos cun grao relevante de afectación (febre, diminución da produción láctea, coxera, sialorrea, edemas en cabeza, etc…). Recoméndase polo tanto a vacinación preventiva de bovinos e ovinos (os caprinos non se afectan) como ferramenta absolutamente efectiva para prevenir a enfermidade nos animais
Estas vacinas están dispoñibles nos establecementos de venda de medicamentos veterinarios.
Respecto á disponibilidade de vacinas na Consellería do Medio Rural, esta consellería continúa a distribuir gratuitamente doses vacinais do S4 para calquera explotación bovina e ovina e doses do S3 e S8 para as exploacións de gando ovino.
A Lingua azul continúa a ser unha enfermidade de declaración obrigatoria polo que ante a detección de animais sospeitosos débese comunicar aos Servizos Veterinarios Oficiais.
DEMATOSE NODULAR
Mantéñense as restriccións no mes de xullo tal como estaban.
