A Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos, AFRICOR-LUGO, é unha asociación sen ánimo de lucro, que ven realizando dende o ano 1992 o Control leiteiro oficial na provincia de Lugo.
Na actualidade compóñena máis de mil trescentos oitenta socios. A estas ganderías préstaselles servizo a través de cincoenta e un empregados.
Os controladores visitan mensualmente todas as explotacións asociadas, recollendo datos de produción, reprodución e mostras de leite de cada vaca, permitindo obter unha información que, unha vez procesada, é remitida ao gandeiro en informes con periodicidade mensual.
Toda esta información serve para unha mellor xestión das ganderías asociadas, tanto a nivel reprodutivo, como sanitario, para o control da alimentación, a orientación sobre a mellora xenética, a recría, etc. Por outra banda, con esta información realízanse as avaliacións xenéticas oficiais a nivel nacional, que permiten valorar os touros utilizados na inseminación artificial.
A estrutura organizativa de AFRICOR-LUGO é a seguinte:
AFRICOR-LUGO forma parte, xunto co resto das Africores provincias, de FEFRIGA, Federación Frisona Galega, entidade que representa a Galicia a nivel Nacional en CONAFE, Confederación Nacional de Frisona Española.
O presidente de AFRICOR-LUGO é a súa vez o presidente de FEFRIGA e o secretario de CONAFE.
Xunta de Goberno de AFRICOR-LUGO
Presidente: D. Manuel Sandamil Cabana
Vicepresidente: D. José Alberto Iglesia Vila
Secretario: D. María Castro López
Tesoureiro: D. Antonio Alvite Luaces
Interventor: D. Julio López Fernández
Vogal: D. Fernando López Fernández
Vogal: D. José Manuel Castro Núñez
AFRICOR-LUGO é entidade colaboradora no Plan de Mellora Gandeira de Galicia.