AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA O PARAMO - resultados

POXA O PARAMO - resultados

10 / Junio / 2025

O sábado 7 de xuño, no Páramo, tivo lugar unha nova poxa de gando frisón, organizada polo Concello do Páramo e coa colaboración da Consellería do Medio Rural, Xenética Fontao e Caixa Rural, esta poxa tivo lugar de forma paralela a tradicional “Feira de primavera”, unha feira que reúne maquinaria, artesanía, gastronomía, gandería e ocio, sen dúbida un lugar ideal para levar a cabo unha poxa de gando frisón.

Nesta ocasión ofertáronse 15 animais, 7 vacas paridas e o resto xovencas próximas ao parto, que resultaron do agrado do numeroso público asistente, pois todos os animais foron adxudicados.

O prezo medio foi de 3.260 euros, un valor acorde aos actuais mercados de gando e a calidade e condicións dos animais presentados, o que sen dúbida reforza o traballo que están a realizar os criadores de frisón da nosa provincia.

 

Quintian Lucid 5734 Alfa Red
Quintian Lucid 5734 Alfa Red

 

O animal que acadou o prezo máis elevado foi Quintian Lucid 5734 Alfa Red, unha vaca parida de segundo parto e de capa vermella, ofertada pola gandería Quintian, e adquida pola gandería Pena Guisande por un valor de 4.350 euros.

 

POXA PARAMO 2025

 

 

POXA FRISON

 

 

POXA AFRICOR LUGO

 

POXA PARAMO

 

 

POXA FRISON

 

 

PÒXA AFRICOR LUGO

 

 

Catálogo poxa O Páramo

 

 

 

As poxas ofrecen vantaxes:

Para os vendedores:

  • Poxas publicitadas
  • O venres van buscar o animal e o sábado cobrar a poxa, Africor encargase de realizar as probas sanitarias, pelar e coidar os animais na feira.
  • Valorización do traballo de selección, presentación dos datos xenealóxicos
  • Animais lavados e pelados para potenciar a súa morfoloxía.
  • Concentración de compradores
  • Publicidade para a gandería

 

Para os compradores:

  • Concentración da oferta
  • Garantías sanitarias
  • Animais procedentes de explotacións cercanas
  • Información xenealóxica completa
  • Transporte gratuíto para as ganderías da provincia de Lugo
  • 200 euros de axuda de Caixa Rural
  • Doses gratuítas por xentileza de Xenética Fontao

NON O DÚBIDE, A MELLOR OPCIÓN PARA VENDER OU COMPRAR

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético