03 / Noviembre / 2023
Orde do 23 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR323C).
Investimentos subvencionables
a) Reforma ou construción de instalacións que supoñan unha redución nos custos de produción ou un incremento da produtividade.
b) A compra de terreos por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.
c) Os investimentos inmateriais asociados á realización dos investimentos materiais enumerados, que poden comprender gastos xerais tales como honorarios dos técnicos que elaboren os proxectos de construción ou reforma, licenzas de software e outros permisos.