A Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos, AFRICOR-LUGO, é unha asociación sen ánimo de lucro, que ven realizando dende o ano 1992 o Control leiteiro oficial na provincia de Lugo.
Na actualidade compóñena máis de mil socios. A estas ganderías préstaselles servizo a través de corenta e oito empregados.
Os controladores visitan mensualmente todas as explotacións asociadas, recollendo datos de produción, reprodución e mostras de leite de cada vaca, permitindo obter unha información que, unha vez procesada, é remitida ao gandeiro en informes con periodicidade mensual.
Toda esta información serve para unha mellor xestión das ganderías asociadas, tanto a nivel reprodutivo, como sanitario, para o control da alimentación, a orientación sobre a mellora xenética, a recría, etc. Por outra banda, con esta información realízanse as avaliacións xenéticas oficiais a nivel nacional, que permiten valorar os touros utilizados na inseminación artificial.
A estrutura organizativa de AFRICOR-LUGO é a seguinte:
AFRICOR-LUGO forma parte, xunto co resto das Africores provincias, de FEFRIGA, Federación Frisona Galega, entidade que representa a Galicia a nivel Nacional en CONAFE, Confederación Nacional de Frisona Española.
O presidente de AFRICOR-LUGO é a súa vez o presidente de FEFRIGA e o secretario de CONAFE.
Xunta de Goberno de AFRICOR-LUGO
Cargo |
Titular |
Gandería |
Concello |
Presidente: |
D. Manuel Sandamil Cabana |
A Vereda |
Castro de Rei |
Vicepresidente: |
D. José Alberto Iglesia Vila |
Rei de Miñotelo |
A Pastoriza |
Secretaria: |
Dna. María Castro López |
Portalousa |
Xermade |
Tesoureira: |
Dna. Águeda Capón Fernández |
Capón Holstein |
Chantada |
Interventor: |
D. Julio López Fernández |
Quintián |
O Páramo |
1º Vogal: |
D. Moises Vispalia Pernas |
As Pandas |
Vilalba |
2º Vogal: |
D. Ivan Rio Lorenzo |
Casa Gabino |
Friol |
AFRICOR-LUGO é entidade colaboradora no Plan de Mellora Gandeira de Galicia.