AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Xornada formativa sobre morfoloxía de gando frisón

06 / Marzo / 2006

A Asociación de Gandeiros da Comarca de Chantada, dentro das súas actividades de formación e promoción da raza frisona, organiza, en colaboración co CONCELLO de CHANTADA, Cooperativa ICOS e AFRICOR-LUGO unha

 

Xornada de formación sobre morfoloxía da vaca frisona

 

Día 25 de marzo, sábado, na Gandería Outeiro, en Chantada

 

 Plantexamento da actividade

 

A actividade comenza as 10:30, con recepción dos participantes e a entrega de documentación.

As charlas, de carácter práctico, serán impartidas D. Mauricio de los Santos García, veterinario de Africor-Lugo, sobre morfoloxía de gando frisón e o programa de apareamentos.

As 14:00 terá lugar un xantar ao que están convidados todos os participantes.

As charlas e prácticas continuarán pola tarde.

 

Condicións de participación

Os rapaces e rapazas menores de idade terán que presentar unha autorización para asistir á xornada, asinada polos pais ou titores.

As prazas son limitadas e concederanse por orde de inscripción, dando preferencia aos participantes da comarca de Chantada, relacionados coa gandería de vacún frisón.

A organización entregaralles material didáctico para o seguimento da formación.

Aos alumnos que participen entregaráselles un Certificado de asistencia.

A inscripción á xornada é gratuita.

 

A inscripción debe formalizarse no teléfono 982 250714 ou a través do correo electrónico info@africorlugo.com.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético