Xornada formativa en SARRIA
29 / Abril / 2009
Como actividade complementaria á celebración do II Concurso de Criadores de Gando Frisón, SARRIA 2009, organízase unha xornada formativa na mañá do sábado, día 9 de maio, sobre o manexo da recría.
Nela intervirán expertos en recría, tratando tanto aspectos de manexo como do melloramento xenéticos dos animais de reposición.
D. Roberto Carlos Fernández Álvarez, veterinario, falará sobre a importancia da desteta no desenvolvemento das xatas.
D. Fernando Rego López e D. José Luis Meijomé Blanco, técnicos dos programas de apareamentos de Africor Lugo e Africor Pontevedra, respectivamente, falarán sobre como programar a mellora xenética, tendo en conta o potencial xenético das xatas.
Con posterioridade a estas intervencións terá lugar unha Mesa Redonda na que intervirán outros técnicos relacionados co sector para falar da importancia da recría.
A asistencia as charlas é libre e gratuíta
Terán lugar o día 9 de maio, sábado, as 11 da mañá, na Casa da Cultura de Sarria.
Os asistentes recibirán participacións para o sorteo dunha xata cedida pola Granxa Gayoso Castro (Deputación Provincial de Lugo), que conta no seu pedigrí con 8 xeracións de vacas MB ou Excelentes.