01 / Abril / 2025
O próximo 23 de abril CAPSA organiza na Granxa Experimental Gayoso Castro (Castro Ribeiras de Lea) unha xornada de traballo dentro do proxecto europeo Guardians, sobre o papel do gandeiro consciente en relación á incorporación de estratexias de mellora para a contribución á mitigación do cambio climático. É por isto que creemos que a túa aportación e experiencia será clave para acadar os obxetivos do proxecto.
Neste proxecto os agricultores e gandeiros son os protagonistas, xunto con provedores de tecnoloxía e inovadores sociais. Para convertirse en verdadeiros guardiáns dos seus territorios e competidores no mercado global, os gandeiros necesitan dominar as novas solución tecnolóxicas que ofrece este proxecto.
Por eso, contaráse coa participación de empresas punteiras que amosarán casos de éxito sobre experiencias prácticas e estratexias de mellora dispoñibles, na búsqueda dun futuro mais competitivo e sostible para o sector lácteo.
Plazas limitadas, é necesario inscripción no seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdMR9_55TpE0fxEG-h_cfTg3w69sWKGmDqjQu91ZDQ9ZoN59w/viewform
Confirmaráse asistencia a través de correo ou chamada telefónica.