AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Xornada de formación sobre preparación de animais para concursos e exposicións

21 / Agosto / 2006

  A Asociación de Gandeiros da Comarca de Chantada, dentro das súas actividades de formación e promoción da raza frisona, en colaboración co CONCELLO de CHANTADA, Cooperativa ICOS e AFRICOR-LUGO, organiza unha Xornada de formación sobre preparación de animais para concursos e exposicións. 

Terá lugar o día 9 de setembro, sábado, na Gandería CAPÓN, en Andemil, Vilauxe, Chantada.

 Xustificación da formación

O coñecemento na preparación de animais para exposicións (doma, cuidados, pelado, etc.) axuda ao gandeiro a seleccionar e apreciar mellor os animais cos que está a traballar na súa explotación, prestixiando a súa labor como criadores, coa conseguinte repercusión comercial, axudando a vender mellor os excedentes de recría da súa explotación.

O feito de ir dirixido a rapaces e rapazas, pretende formar aos máis novos en prácticas de manexo do gando que podan ser interesantes para eles, incentivando o seu interés pola gandería.

 Plantexamento da actividade

Disporase duns monitores especializados en preparación de animais que aprenderán aos rapaces as técnicas de manexo e preparación de animais.

Os monitores do curso serán os preparadores de Africor-Lugo e así mesmo cóntase coa presencia de Marc Drapeau, preparador canadiense, cedido por Fefriga para colaborar en este evento.

A actividade comenza as 10:30, contando rematar sobre as 19 horas.

As 14:00 terá lugar un xantar ao que están convidados todos os participantes.

As 22:00 terá lugar unha cea, de todos os gandeiros participantes nas dúas edicións anteriores do Concurso de Chantada xunto cos asistentes ao curso.

 Condicións de participación

As prazas son limitadas e concederanse por orde de inscripción, dando preferencia aos participantes da comarca de Chantada, relacionados coa gandería de vacún frisón.

Os participantes deberán traer roupa de traballo e calzado adecuado para realizar a actividade.

A organización poñerá á disposición dos alumnos as máquinas de pelado, así como un manual de manexo e preparación de animais.

 

Entre todos os participantes, ao rematar a xornada, sortearase unha máquina de pelar, cedida por Grupanor-Cercampo (Rúa Fontiñas 123 - Lugo)

A todos os alumnos que participen entregaráselles un Certificado de asistencia.

Os rapaces e rapazas menores de idade terán que presentar unha autorización para asistir á xornada, asinada polos pais. Os menores de 12 anos terán que ir obrigatoriamente acompañados dun adulto.

A inscripción á xornada é gratuita.

PRAZO LIMITE DE INSCRIPCIÓN: Día 1 de setembro.

As inscripcións formalizaranse en Africor-Lugo Tlf. 982 250714

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético