AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Xornada de formación sobre a mofoloxía da vaca frisona

27 / Marzo / 2006

    
    A Asociación de Gandeiros da Comarca de Chantada, dentro das  súas actividades de formación e promoción da raza frisona, organizou, en colaboración coa Cooperativa ICOS e AFRICOR-LUGO unha Xornada de formación sobre a morfoloxía da vaca frisona.

    Este evento tivo lugar o pasado sábado 25 de marzo, contando con 17 rapaces, a maioría da comarca de Chantada, que asistiron á xornada para ampliar os seus coñecementos sobre a vaca frisona, contando tamén coa presencia de varios gandeiros membros da Asociación e do presidente de Africor-Lugo. 

    A xornada comenzou cunha sesión práctica na propia gandería Outeiro, a cago de D. Mauricio de los Santos, veterinario de Africor-Lugo, sobre morfoloxía de gando frisón e a importancia dos apareamentos na mellora do rabaño. A mediodía tivo lugar un xantar ao que estaban convidados todos os participantes, para continuar pola tarde coa parte teórica.

      
   
    A parte práctica desenvolveuse na gandería Outeiro CB, de Chantada, agradecéndolle a súa colaboración en prestar os seus animais para este curso. A gandería Outeiro é unha das mellores explotacións da provincia de Lugo por cualificación morfolóxica e a segunda por produción, o que fai que se conxugue perfectamente produción e tipo, a maiores duns índices xenéticos moi altos.
 
    Tras a descripción das distintas partes do animal e a súa importancia na produción e lonxevidade do animal, Mauricio soliccitou dos participantes que colocasen os animais de mellor a peor, para cada unha das partes do animal, para ver como aplicaban na práctica todas as explicacións que lles fora dando ao longo da xornada.
 
    En definitiva, foi unha gran xornada, donde os participantes puideron aprender algo máis sobre a morfoloxía destes animais, ó tempo que disfrutaron dun día de convivencia con outros rapaces que comparten as súas inquedanzas por aprender sobre o mundo da vaca frisona.
    A próxima xornada organizada pola Asociación de Gandeiros da Comarca de Chantada está prevista para o mes de setembro, da que informaremos con antelación nesta web.
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético