AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

XORNANDAS DE MELLORA XENETICA

06 / Marzo / 2008

Durante os días 26 e 27 de febreiro tiveron lugar na Facultade de Veterinaria de Lugo as Xornadas de Mellora Xenética en gando vacún de leite, contando cunha boa asistencia entre gandeiros veterinarios e outros pofesionais do sector.

 Inscribíronse 270 persoas nas dúas xornadas. O 43,7% gandeiros, o 31,1% técnicos (veterinarios e inxenieiros) e o 25,2% doutras profesións.

O día 26 espuxéronse os programas de Mellora Xenética en España.

Nesta xornada estiveron presentes responsables dos catro programas que se estan a levar a cabo en España e outros ponentes, de forma que os asistentes puideron coñecer de primeira man cales son as actuacións que se están a levar a cabo por cada organización e que obxectivos se buscan nos programas de mellora xenética.

 xornadas mellora xenetica

O remate da xornada tivo lugar unha mesa redonda con todos os relatores, onde responderon as preguntas do público asistente, así como entre eles mesmos.

mesa redonda

 

O día 27 espuxéronse os programas de Mellora Xenética a nivel mundial.

Nesta xornada os asistentes tiveron ocasión de escoitar a representantes de nove casas comerciais, que espuxeron os programas que se estan a levar a cabo nos distintos países, os criterios de selección, e como estos van cambiando o longo dos anos, adaptando estes criterios as necesidades que van surxindo.

xornadas

A maioría dos relatores coincidiron na idea de que hoxe en día a xenética e algo totalmente globalizado, onde cada centro ou país, xa que varios deles explicaron programas nacionais, dado que existe unha única empresa para a comercialización do seme no extranxeiro, que agrupa a todos os centros dun país.

xornadas mellora xenetica

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético