AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

XORNADAS TIC

19 / Noviembre / 2009

Xornada: Implantación das Tic no medio rural

Esta xornada  estivo organizada mediante a colaboración da Asociación Provincial de Criadores de Frisón de Lugo para o Control de Rendementos (AFRICOR LUGO) e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo,  có obxectivo de concienciar a emprendedores, novos empresarios e empresarios xa consolidados dos sectores agrícola e gandeiro , así como aos técnicos que traballan neste ámbito,  da importancia que poden xogar as novas tecnoloxías na mellora da produtividade das súas explotacións.

 
xornadas tic

 

Na primeira parte da xornada os participantes tiveron a oportunidade de escoitar as seguintes ponencias:

  • “Produción de auga quente sanitaria e calefacción mediante recuperación de calor nun tanque de leite”, a cargo de Alberto Pereira López, profesor do Instituto de Ensino Secundario “As Mercedes”.
  •  “Aplicación informática para a xestión integral das explotacións gandeiras”, a cargo de Yann Pouliquen, Inxeñeiro Agrónomo da empresa lucense XAN (Xestión Agrogandeira e Natureza).
  •  “Aproximación das TIC ás ganderías de producción de leite” a cargo de Ramiro Fouz Dopacio, licenciado en Veterinaria e Secretario Técnico de AFRICOR LUGO

ponencias

 
A primeira das ponencias explicou os asistentes como se pode aproveitar o calor que desprende un tanque de leite para enfriar este, dende a temperatura corporal dos animais ata a temperatura de conservación, quentando así auga que logo pode ser empregada na limpeza ou para calefacción.
 
As outras dúas ponencias estiveron encamiñadas a mostrar os gandeiros as potencialidades de internet na súas explotacións, así Yann fixo referencia a unha nova aplicación informática que estan a desenrolar e que axudará o gandeiro a levar unha xestión eficiente da súa explotación, pola súa banda Ramiro logo expoñer brevemente a situación do medio rural no referente a conexión a internet explicou os asistentes os servizos que Africor Lugo ofrece a través da súa páxina web.
 
asistentes xornadas tic

 

Logo dun breve descanso as xornadas continuaron cos seguintes relatorios:

  • “Optimización dos costes de produción de leite a través do modelo NIR”, a cargo de José Luis Ruiz Castillo, profesor de nutrición animal da facultade de veterinaria Alfonso X el Sabio de Madrid e representante da empresa Inversiones Moroán.
  • “Internet na túa explotación”, a cargo de Juan Carlos Díaz Fernández, Director Técnico de IGN Solutions.

 

  PONENCIAS
 

Jose Luis explicou os gandeiros a importancia de coñecer e rexistrar todos os eventos que se producen nas explotacións (tratamentos, enfermidades, ect), para logo mediante a análise destos datos poder determinar as cuestións que é necesario mellorar na explotación. Pola sua parte Juan Carlos devolveu os asistentes a realidade indicando os problemas que existen no medio rural para dispoñer dunha conexión a internet de calidade, a vez que indicou como internet pode axudar a desenvolver estas zonas rurais mediante a exposición de varios exemplos de empresas que operan na rede con produtos da zona rural.

 
 
  xornadas tic lugo
 

 

 A clausura das xornadas estivo a cargo de Raquel Arias, delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

 
clausura xornadas
 
 
 
 

TRIPTICO

  

www.fundacioncel.org/site

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético