20 / Enero / 2007
Ao remate das xornadas, emitíronse unhas conclusións, redactadas polo propio MAPA, que orientan sobre cal será o camiño do sector de produción de leite.
En resumo:
As cotas desaparecen, no 2015, ou incluso antes, dependendo dos acordos a nivel da UE.
Namentras o MAPA seguirá controlando o sobrepasamento das cotas.
O futuro das explotación pasa pola rendibilidade das explotacións, diminuindo os custos de producion.
Será un sector moi competitivo, donde a superficie agraria disponible terá unha grande importancia.
SOBRE A EFICIENCIA E COMPETITIVIDADE DO SECTOR PRODUCTOR
Os gandeiros deberán implementar ferramentas de xestión que lles permitan coñecer o custo de produción do litro de leite. O futuro deberá pasar necesariamente por unha reestructuración dos custos de produción, como garantía de competitividade do sector produtor de leite, sempre coa garantía de compromiso coa seguridade alimentaria
Os descensos no prezo de leite en orixe, na Unión Europea, que poidera haber no futuro, causarán un crecemento das granxas con baixo custo de produción e a desaparición de explotacións non competitivas.
A produción de leite deberá realizarse con criterios de especialización, tanto do gandeiro como dos servizos técnicos que lle asesoren.
A promoción do relevo xeracional e a calidade de vida son fundamentais para garantir a continuidade da actividade de produción de leite. Tamén o é o asociacionismo e o seu fomento en toda a cadea de produción.
A alimentación da vaca de leite basearase en criteiro económicos e de rendibilidade. A superficie agrícola da explotación utilizarase para a produción de forraxe de calidade. A subcontratación de traballos agrícolas fomentará a especialización e as economías de escala.
O contido de materia graxa do leite producido en orixe está en discordancia coa demanda dos consumidores de leite e productos lácteos.
A produción de cereais para combustibles e outros factores de mercado, orixinan un encarecemento crecente que preocupa ao sector productor de leite.
A estructura actual dos sistemas produtivos permite identificar zonas tradicionais da España húmida, así como outras explotacións máis intensivas. En cada rexión deberá darse o análise que permita identificar, tamaños mínimos viables das explotacións, en termos de volume e produtividade, dacordo á disponibilidade, a un uso eficiente e racional dos principais factores de produción. Tamén deberíanse considerar os custos de loxísitica e transporte.
As explotacións de vacún de leite deberanse localizar nas rexións donde a produción resulte máis eficiente e competitiva. A produción de leite en zonas desfavorecidas deberá considerar como valor agregado a conservación do territorio e á fixación da poboación, sempre tendo en conta que as vacas non son a única opción en produción agropecuaria, para resolver os problemas de desenvolvemento rural.
O custo para o cumprimento en materia de lexislación medio ambiental e a condicionalidade adscrita ao pago das axudas directas, poderán ser os limitantes para a produción de leite no futuro. A tenencia ou o arrendamento de terras para abonado de cultivos con esterco ou xurro procedente das explotacións é o procedemento máis rendible para o cumprimento da normativa sobre xestión de residuos. A administración debería considerar o cálculo previo do custo de implantación de novas normativas.
SOBRE O SISTEMA DE COTAS. UN PROGRAMA EN AVALIACIÓN
O sector lácteo español atópase en condicións de competir no novo marco. En calquera caso débese preparar para unha máis que posible desaparición da cota láctea. (2015)
As explotacións e zonas con problemas de viabilidade deberán ser consideradas no marco do desenvolvemento rural, buscando solucións.
O sector necesita saber cando e como vaise producir esta supresión do réxime de cotas. As decisións neste sector non se poden tomar dun día para outro; a incertidume é o grande enimigo do empresario.
A desaparición das cotas debe ser progresiva, razoada, organizada e con senso común.
Neste periodo é imprescindible o ríxido mantenemento das regras do xogo e, consecuentemente, o mantenemento dos controis.
No contexto da posible abolición do sistema de cotas, no marco da modificación da OCM, caben medidas tales como a solicitude de incremento de cota española e a diminución do importe da taxa.
Sería convinte un marco interprofesional para afrontar a nova situación. É necesario un diálogo entre os axentes implicados e as administracións para a adopción dunha estratéxia de estado, mantendo foros de encontro donde estén todos os representantes do sector.
O futuro dos gandeiros e da indústria está vinculado, nese senso, a estratéxia da indústria será determinante na eficiencia e competitividade da cadea.
SOBRE AS ESTRATÉXIAS FUTURAS NA COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS LÁCTEOS.
As estratéxias futuras de comercialización dos produtos lácteos pasa pola adaptación da oferta ás demandas do consumidor. Esto resulta especialmente importante nos novos escenarios de desregularización sectorial e liberalización.
O custo enerxético e as esixencias en materia de medioambiente son factores condicionantes da competitividade do sector, polo que é preciso acometer inversións para a modernización e adaptación das empresas, que faciliten a adecuación aos estándares nesa materia e favorezan a aplicación de políticas medioambientais.
Para garantir a competitividade do sector considérase un punto crítico, establecer estratéxias que impliquen acordos da indústria cos produtores. Así mesmo, débese desenvolver unha política de alianzas comerciais coa distribución, debendo explorar modelos de integración no sector lácteo (produtor-indústria-comercialización)