AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

XACOBEO - UN TOURO DE XENETICA FONTAO Nº 1 EN ESPAÑA

10 / Julio / 2008

DIRIGO LEBLANC JUNO
                Nai de Xacobeo

Nas probas de xullo publicadas por CONAFE, o touro  de Xenética Fontao, MARIO XACOBEO , sitúase como o  mellor  touro  con  proba en  España, ao alcanzar un ICO  de +2.774.

Esta é a primeira valoración do touro, xa que se foi posto en testaxe no ano 2004, cuias fillas todavía están a realizar a súa primeira lactación, se ben, xa ten unha elevada fiabilidade na proba, con 97 fillas cualificadas e 95 en produción.

MARIO XACOBEO
é un fillo de Mara-thon BW Marshall x Dirigo-Leblanc Juno (filla de Rudolph) nado o 09/08/2003 en Alemania, aínda que fillo de nai e pai americanos, foi importado con destino a Galicia para ser posto en proba no Centro de Xenética Fontao.
 
Trátase dun touro moi completo e mellorante tanto en produción como en tipo, donde temos que salientar as excelentes ubres que transmite a súa descendencia xunto cunha gran capacidade de produción.
 
Está cualificado con 89 puntos é ten 101 fillas rexistradas na provincia de Lugo.
  
Esta non foi a única boa nova que trouxeron as probas de xullo para Galicia, xa que tamén confírmase a proba de H-STIENS FAST MORTY MOES, que xa apuntaba alto nas probas de decembro. Aumenta a fiabilidade e mellora respecto da proba anterior.
  
Outra novidade e TITEUF TENORIO, un touro novo que se coloca entre os 10 mellores de España, fillo de Magna e tamén con máis de 90 fillas.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético