AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

XACOBEA

09 / Julio / 2014

"Xacobea " é unha aplicación informática creada e deseñada en Galicia a través do Fondo de Garantía Agraria, co obxectivo de poder ser utilizada na fixación dos prezos nos contratos lácteos, de forma que estes poidan estar referenciados a uns índices determinados e non como ata agora que normalmente son prezos fixos, esto permitiría incrementar a duración destes contratos e así dotar dunha maior estabilidade ao sector.
 
Está ferramenta ademáis da referenciación do prezo do leite a uns indicadores de mercado como son a manteiga e o leite en po, tamén permite a referenciación aos custes de produción, algo novidoso polo momento pero que pode axudar a garantir o futuro das explotacións sempre e cando as partes negociadoras opten por incluir esta referencia no cálculo do prezo.
 
Esta ferramenta está a disposición das partes negociantes  na páxina web da Consellería de Medio Rural, podendo incluso facer simulacións de como houbese variado o prezo do leite se o contrato estivese referenciado a estes índices.
 
  

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético