24 / Marzo / 2010
Enlace TVG O AGRO
Un grupo de técnicos brasileiros procedentes do Val do Taquarí, Rio Grande do Sul, visitou as instalacións de AFRICOR LUGO para coñecer o funcionamento do Control leiteiro e os programas que esta asociación está a desenvolver.
O Val do Taquarí é unha rexión que agrupa a 26 concellos, cunha superficie total de
Existen 25.698 explotacións agropecuarias, cunha superficie media de
O potencial de produción de leite do Estado de Rio Grande do Sul, donde está ubicado o Val do Taquarí, é enorme, cunha capacidade industrial de transformación instalada de 13,5 millóns de litros por día. Prodúcense uns 8,2 millóns de litros día, polo que prevése un importante crecemento na produción.
A media nos últimos cinco anos de pago ao produtor foi de 0,538 reais/litro (22 céntimos de euro)
No estado hai 121.416 produtores de leite e un total de 1.215.608 vacas en produción.
Salientar o forte arraigo cooperativo na zona, que apostou dende o primeiro momento pola transformación do leite producido polos socios das cooperativas, entre as que destacan COSUEL, con 3.397 socios, cun volume de facturación de máis de 200 millóns de euros e LANGUIRU, con 1.800 socios, cun volume de facturación de 148 millóns de euros. Languiru ten unha indústria de transformación que procesa 7 millóns de litros de leite ao mes.