Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos
Novas
Visita do presidente da Deputación de Lugo
04 / Marzo / 2010
Durante está visita D. José Ramón Gómez e D. José María Arias asistiron a unha presentación das actividades que realiza Africor Lugo, asociación de gandeiros que dende 1992 traballa na mellora das ganderías produtoras de leite da provincia de Lugo.
Logo desta presentación os representantes da Deputación mantiveron unha reunión coa Xunta de Goberno de Africor Lugo, onde o tema principal a tratar foi o centro de recría que a Deputación construirá na Granxa Gayoso Castro, e máis concretamente a xestión do mesmo.
Na rolda de prensa posterior á xuntanza, ambas partes salientaron o positivo da mesma para o futuro do sector, xa que como explicou o Presidente de Africor, D. Xosé Manuel López Tellado, Africor Lugo é unha asociación de criadores que debe ser tida en conta en proxectos como o que está a desenvolver a deputación provincial.
Pola súa parte D. José Ramón Gómez salientou a experiencia acumulada por Africor no sector e comentou que dende a Deputación estan a realizar unha rolda de contactos co sector leiteiro para abordar a xestión do Centro de recría.