17 / Noviembre / 2011
Tras a publicación das novas avaliacións xenéticas de Conafe, Lugo posiciona dúas vacas entre as mellores de España.
BAIXO BOLTON AINOA, de gandería Casa de Baixo, de Hermida, Sarria e NODI BOLTON KELI, de gandería Nodi, de Vilamartín Grande, Barreiros, ocupan o segundo e o terceiro posto, respectivamente, das mellores vacas por ICO.
Así mesmo, outra vaca de Lugo ocupa o primeiro posto como mellor vaca de España por índices xenéticos en cualificación final. Trátase de CARBALLO JAZMÍN DUPLEX, da gandería SAT Casa Carballo, de Torneiros, Pol, cun índice xenético a tipo de 3,41, e un ICO de 2.634.
No apartado de xatas, con índice de pedigrí, SAT CAVADAS sitúa dúas fillas de O Man no 5º e 6º posto das mellores de España. Laureana e Ledicia son dúas xatas nadas no 2011, cun índice xenético de 3.253 puntos de ICO.
Enlace a CONAFE
Con esta nova valoración, o percentil 90%, para ser considerada unha vaca de alta valoración genética sitúase en 2.079 puntos de ICO. Para os animais con índice de pedigrí, deben superar os 2.314 puntos de ICO