22 / Enero / 2020
Gandeiros socios de Control Leiteiro de Lugo visitaron estos días as instalacións de Xenética Fontao.
Alí foron recibidos por D. Jesús Vázquez, xerente da empresa que presentou aos asistentes a mesma, indicando as liñas de traballo que están a desenvolver e facendo especial fincapé no carácter público da mesma así como na participación dos gandeiros na mesma a través das africores provinciais.
Tamén interveu D. Mauricio de los Santos, veterinario experto en xenética que explicou aos asistentes os mecanismos de selección que utilizan para decidir que touros entran no centro así como un breve repaso aos mellores sementais cos que contan na actualidade.
Logo desta introdución os asistentes puideron ver en directo o proceso de extracción do seme e procesado do mesmo, onde lles explicaron os rigorosos protocolos que seguen para garantir a calidade do producto final.
Para rematar a visita cun breve paseo polos establos para ver as instalacións e os sementais que teñen no centro.