AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Tres vacas de Lugo entre as mellores de Galicia

08 / Mayo / 2008

No Cadro de Distincións Honoríficas FEFRIGA 2007, nas tres categorías por animal premiadas, figuran no primeiro posto tres vacas da provincia de Lugo 

Produción vitalícea

A vaca coa maior produción durante 11 lactacións foi ERBIN, unha vaca importada de Alemania, de gandería CID, de Barreiros.

Esta vaca xa foi baixa na gandería, e a súa única descendencia viva está en gandería Jaime, de Castro de Rei, que adquiriu unha filla de Lerez desta vaca, na poxa de Castro Ribeiras do Lea, no mes de outubro de 2003. A filla de Erbin xa supera os 50.000 quilos en tan so catro partos.

ERBIN produxo unha media de 34,27 quilos por día, cunha produción vitalícea de 146.956 quilos de leite. Estaba cualificada MB 88, con sistema mamario excelente.

 VISTA GANDERIA CID
VISTA DA GANDERÍA CID

 

Produción por lactación - vacas de primeiro parto

Este galardón foi para PONT LYSTER RAQUETA, de gandería REIGADA, de Castro de Rei, con 15.566 quilos producidos en lactación a 305 días.

Foi adquirida de xovenca na Granja San José, de Huesca. Esta vaca xa foi baixa na gandería, e non deixou descendencia.

RAQUETA produxo unha media de 49,03 quilos por día, cunha produción vitalícea de 30.404 quilos de leite nun so parto. Estaba cualificada B 77, con sistema mamario R. Nesta gandería as vacas múxense tres veces ao día

GANDERIA REIGADA          VISTA DA GANDERÍA REIGADA

 

Produción por lactación - vacas adultas

O premio foi para GARCÍA CONSTELATION ROCA, de gandería SAT Herbón Núñez, de Baralla, con 20.128 quilos producidos en lactación a 305 días, no seu 5º parto.

A vaca foi criada na gandería, sendo filla dunha vaca en rexistro Auxiliar “A”. Unha das dúas fillas, García Camaron, está no posto 4º desta mesma categoría, cunha produción de 18.359 quilos, en 2º parto. A súa outra filla, Garcia Six Sixta, está a facer a súa 1ª lactación.

ROCA produxo unha media de 55,88 quilos por día, cunha produción vitalícea de 100.864 quilos de leite en cinco partos. Esta vaca foi a primeira en superar os 20.000 quilos de leite en Galicia, record que xa acadou no ano 2006.

Está cualificada MB 85, con sistema mamario BB.

     GARCIA CONSTELATION ROCA

 

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético