AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

THOS Planet Lion entre os mellores touros USA

12 / Agosto / 2015

O touro Thos Planet Lion situado entre os mellores touros americanos

Cada país ten o seu propio criterio de ordenación ou clasificación dos touros, en base a uns índices xenéticos que fan que os touros se posicionen mellor ou peor, segundo estes criterios. En España emprégase o índice ICO, namentras que en USA utilizan o TPI.

O touro, que se coñece co alcume de THOS, está situado no 3º posto dos mellores touros españois, polo que non é extrano que cualifique tamén ben noutros países. Este touro de propiedade de Xénética Fontao, aparece  situado na listaxe americana como o 6º mellor touro para mellorar a graxa do leite.

Ainda así, non é frecuente que un touro estranxeiro cualifique nas listas americanas, de feito so 4 touros non americanos figuran na lista publicada pola Holstein USA neste mes de agosto. Debemos ter en conta que os Estados Unidos e Canadá son o berce da mellora xenética do gando frisón-holstein. Este mérito viría a ser o equivalente a un Oscar da Academia do Cine.

Top100TPIAugust2015

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético