AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

Subvencións estatais para ADS

22 / Mayo / 2009

Publicación do Real Decreto 784/2009, de 30 de abril, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións estatais destinadas ás agrupacións de defensa sanitaria ganadeiras.

 O obxecto das presentes axudas é a compensación dos custos das actuacións de prevención, control, loita ou erradicación de enfermidades dos animais incluidas en programas ou actuacións sanitarios.

 Actuacións obxecto de subvención.

 Estas subvencións se destinarán a financiar os gastos derivados de:

a) Os controis sanitarios, probas diagnósticas, análises de laboratorio ou outras medidas de detección de enfermidades dos animais, incluidos os da actuación profesional dos veterinarios das ADSG. Enténdense excluidos desta subvención os gastos derivados da actuación profesional dos veterinarios das ADSG na toma de mostras ou realización de diagnósticos no marco dos programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais que reciban cofinanciación por parte da Unión Europea.

b) A compra e administración de vacinas, medicamentos veterinarios, biocidas ou outros produtos zoosanitarios, incluidos os gastos da actuación profesional dos veterinarios das ADSG.

c) O sacrificio de animais enfermos ou sospeitosos de estalo, incluidos os gastos da actuación profesional dos veterinarios das ADSG.

d) A aplicación de todas as medidas adicionais en materia sanitaria que se dispoñan ao efecto polos órganos competentes da Comunidad autónoma onde radique a ADSG, segundo as condiciones sanitarias da zona e as características particulares de cada Agrupación, incluidos os da actuación profesional dos veterinarios das ADSG.

REAL DECRETO

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético