AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

Subvención para a xestión do esterco

11 / Diciembre / 2008

    A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible publicou a Orde de 2 de xaneiro de 2009 pola que se convocan e regulan axudas destinadas a proxectos de mellora da xestión ambiental dos subprodutos das explotacións gandeiras en Galicia para o ano 2009.

    O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións para adecuar, reformar, mellorar e promover o desenvolvemento de sistemas innovadores da xestión do esterco procedente das explotacións gandeiras, excepto da especie porcina, que sexan respectuosos e compatibles coa protección do medio ambiente e prevendo un enfoque integral de valorización dos subprodutos xerados mediante a aplicación e o desenvolvemento de melloras técnicas dispoñibles na súa xestión, que permitan previr a contaminación do chan, da auga e da atmosfera e que contribúan a reducir os consumos ineficientes de auga e enerxía.

 Accións subvencionables:

a) A implantación de programas de valorización e xestión dos subprodutos e dos residuos nas explotacións gandeiras que impliquen a protección do ambiente diminuíndo ou eliminando a afección ambiental, evitando filtracións e verteduras, tanto desde as fosas ou lugares de almacenamento dos subprodutos coma da contorna da propia corte, a redución no consumo de auga e do uso de enerxía, incrementar e mellorar a eficiencia no proceso da distribución e a incorporación ao chan valorizándoo como fertilizante e limitando o desprendemento de partículas de cheiro á atmosfera e que así contribúan á diminución do uso de fertilizantes minerais.

b) O desenvolvemento doutras alternativas innovadoras na xestión do esterco procedente de explotacións gandeiras, incluídos proxectos piloto ou proxectos de demostración de escala razoablemente reducida.

c) Compra, ou arrendamento con opción de compra, instalación e posta en funcionamento, da maquinaria e do equipamento necesario para a preservación e mellora da contorna natural na xestión de esterco das explotacións gandeiras.

d) Cobertura, peche perimetral e/ou illamento das fosas ou lugares de almacenamento do esterco e xurros para evitar a entrada de auga de choiva, filtracións e escorregadas, aseguramento da impermeabilización de soleiras e fosas de xurros para evitar que a aparición de fendas, roturas ou poros ocultos, poidan producir fugas con risco de contaminación do chan e acuíferos.

e) Sistemas de control mediante piezómetros (1) que permitan comprobar a estanquidade das soleiras e/ou das fosas de almacenamento.

Orde

  

(1)  Os piezómetros utilízanse para medir a presión (nivel) da auga subterránea. Na maioría das aplicacións xeotécnicas, os piezómetros instálanse en perforacións para medir as presións de auga existentes e tamén o aumento ou diminución da presión. Dos distintos tipos existentes, o piezómetro de corda vibrante é o que permite un monitoreo con medición e grabación da presión dun tramo especifico do instrumento. Este dispositivo mide a presión da auga monitoreando os cambios na frecuencia dunha corda vibrante instalada entre o corpo do instrumento o unha membrana, de xeito que a presión da auga ou cambios na presión, son proporcionais ao cambio na frecuencia da corda vibrante. Utilízanse materiais hidroscópicos para illar o tramo no que o piezómetro se instala para evitar contactos con augas doutros planos ou simplemente auga que podería entrar dende a superficie. As medicións pódense realizar de forma remota cun sistema automático de recolección de datos.

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético