AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

SEME SEXADO

29 / Junio / 2021

O seme sexado é cada vez máis usado nas ganderías produtoras de leite, pois coa súa utilización os gandeiros poden acadar dous obxectivos:

  • Seleccionar as nais da seguinte xeneración de vacas, permitindo esto unha mellora xeracional imposible de acadar doutro xeito.
  • Reducir o número de machos frisóns, cun escaso valor comercial, e incrementar o número de becerros de cruce, cun maior valor de mercado.

Ademais destes beneficios, tamén temos que valorar a maior facilidade de parto que presentan os partos femia.

Mediante este acordó de Xenética Fontao coa empresa Sexing Technologies, os gandeiros van a dispoñer dunha maior oferta de seme sexado, pois ata agora, o que se estaba facendo era enviar os touros para Reino Unido, limitando así os touros que se podían ofertar nesta modalidade.

A partir do vindeiro ano, os gandeiros galegos van ver como se incrementa a oferta de seme sexado de Xenética Fontao, algo que sen dúbida vai contribuir ao progreso xenético da explotacións galegas, acelerando a mellora xenética dos rabaños.

Xenética Fontao  Vista área das instalacións de Xenética Fontao

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético