AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

SEMANA VERDE 2007

17 / Junio / 2007

Os premios as tres mellores vacas do concurso, xunto co premio ao Mellor Criador foron para ganderías de Lugo. Deste xeito confirmouse o bo momento polo que pasan as ganderías de criadores da provincia que adoitan a presentar os seus animais a concursos.

vista

Unha impecable Pozo Lee 4760, de gandería de Pozo impúxose con claridade sobre o resto dos animais do Rexional, pola súa amplitude de costela, a calidade de oso das súas patas posteriores e un moi bo ubre posterior.

pozo lee 4760   POZO LEE 4760

A nivel Internacional, foi elixida Vaca Adulta Subcampiona, e Campiona Reserva, ou o que é o mesmo, segunda mellor vaca do concurso, por detrás de Obispo Leader Lulu.

O Mellor Criador Rexional e Internacional, foi o lote presentado pola gandería Nodi, de Barreiros, con tres femias moi homoxéneas: Iron Scarlet, Integrity Liana e Dante Gisela. Este é un galardón máis que recibe esta gandería, que foi elixida por segundo ano consecutivo como a Mellor Gandería da provincia de Lugo.

mellor criador nodi
mellor criador nodi
                 GANDERÍA NODI: MELLOR CRIADOR REXIONAL E INTERNACIONAL

Cid Roy Muesle, da gandería Cid, de Barreiros, foi a Vaca Nova Campiona do Rexional, salientando a súa extraordinaria fortaleza, caracter leiteiro e bo estado de carnes, cun ubre posterior alto e boas patas.

cid roy muesle   CID ROY MUESLE

A vaca intermedia Campiona do Rexional foi a Leader presentada pola gandería Cando e Santos, de A Pastoriza, un animal con moito caracter leiteiro, calidade de oso e un ubre cun ligamento moi marcado. Este animal foi adqurido pola gandería La Flor, de Cantabria, polo que seguro que a seguiremos vendo participar en moitos outros concursos.

paulo leader preciosa  PAULO LEADER PRECIOSA

Pozo Lee foi a Vaca Adulta Campiona, do Rexional e segunda do Internacional, unha vaca cun tremendo barril, sendo así como a describiu o xuíz. Sen dúbida un animal con moito caracter leiteiro, con un ubre ideal, a pesar da súa idade.

campiona pozo lee 4760

En canto aos resultados da poxa de Bos, oito animais foron adquiridos por gandeiros de Lugo, dos que sete foron para o grupo Xercas e unha para Nodi-Lina.

No concurso de vacas participaron un total de 64 animais, dos que 28 competían no Rexional.

O resumo do concurso para as ganderías de Lugo foi o seguinte:

                                    Rexional                Internacional

                                    Xatas    Vacas       Xatas    Vacas     

Primeiras de sección        5            4             1            2

Segundas de sección       2            3             4            1

Campionatos                  2            3            ---           1

Subcampionatos             2            1

                 

 
 
 
 
obispo leader lulu

OBISPO LEADER LULU

 

 

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético