AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Resumo anual de POXAS

04 / Enero / 2007

  Resumo anual de poxas de ganado frisón organizadas por AFRICOR-LUGO

 Cando xa se está a traballar na organización do calendario de poxas para o 2007, facemos un repaso do que foron as poxa no pasado ano.

Animais ofertados:                         83

Animais vendidos:                          79

Volume total de vendas:          135.100€

Prezo medio de saída:                 1.385€

Prezo medio de venda:                1.734€

 O prezo medio de venda oscila ao longo do ano, dependendo do número de animais ofertados en cada poxa e da época do ano, pagándose máis a finais do ano que na primavera. Neste ano, a falta de oferta, motivada polas restriccións sanitarias que tiveron os animai importados, fixo que o prezo medio de venda aumentara en 160€ por animal, respecto do ano anterior. 

4 marzo

23 abril

27 maio

29 outub.

4 novem.

10 decem.

1.640

1.577

1.622

1.875

1.914

1.775

 O animal que acadou o prezo máis alto foi unha filla de Ricecrest Emerson, con nai James, BB81, avoa Rudolph, BB 80, e así ata completar 7 xeracións inscritas en Libro Xenealóxico, que presentou a gandería Vila, de Nadela, Lugo. Unha xovenca de 25 meses, preñada con Blitz, do mes de maio. A nai do animal deu en dúas lactacións 20.349 Kg. de leite con 3,88% de graxa e 3,35% de proteína. Así mesmo foi o animal cun dos índices xenéticos máis altos dos presentados, cun ICO de 1.889. Foi adquirido pola gandería Capón de O Corgo, Lugo.

 Poxas celebradas (6):

·        Castro Riberas do Lea: 4 de marzo / 27 de maio / 4 de novembro

·        Monterroso: 23 de abril / 10 de decembro

·        Chantada: 29 de outubro

 Salientar a boa acollida deste tipo de eventos, que teñen como fin potenciar a venda de animais criados en explotacións de Control Lechero de la provincia de Lugo. As condicións sanitarias dos animais que se ofrecen son un valor engadido, sendo considerado polos compradores como un aliciente á compra.

 O prototipo de animal ofertado é unha xovenca próxima ao parto, preñada de 8 meses, de 26 meses de idade, cuberta cun touro de inseminación artificial, cunha nai cunha produción media de 10.060 Kg. de leite e unha cualificación morfológica de 79,6 puntos.

 Agradecer a colaboración dos concellos implicados na celebración destas poxas, conscientes da importancia de promocionar a recría das explotacións gandeiras da provincia e do sector gandeiro en xeral, como son os concellos de Castro de Rei, Chantada, Cospeito ou Monterroso. Así mismo agradecer a Xenética Fontao S.A., a súa colaboración, doando un lote de doses por cada animal adquirido na poxa. Nas organizadas en Castro Riberas de Lea, sortéase unha xata doada pola Granxa Gayoso Castro, entre todos os asistentes, o que fai ainda máis interesante a participación, ao proceder os animais dunha gandería que sempre ten animais colocados entre os mellor valorados por índices xenéticos de España.

 Tamén salientar e agradecer a colaboración dos servizos sanitarios da Delegación provincial da Consellería do Medio Rural e do Laboratorio Pecuario Rexional pola súa colaboración na realización das probas sanitarias.

 Entre o público asistente as poxas repártense catálogos coas Cartas Xenealógicas emitidas por CONAFE, documento que recolle toda a información dos animais ofertados.

 A morfoloxía do animal e a proximidade ao parto son as dúas características máis valoradas á hora de poxar por un animal, se ben apréciase como cada vez vaise tendo máis en conta outros valores, como os índices xenéticos, a xenealoxía do animal e a profundidade do seu pedigrí.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético