16 / Diciembre / 2007
Última poxa do ano 2007, que pecha un balance dun total de sete poxas organizadas, cun volume de vendas total de 169.750 €.
Nesta ocasión presentáronse nove animais, sete xovencas e dúas vacas. As nais destes animais promediaron 10.572 Kg de leite, cunha cualificación morfolóxica de 80 puntos e un índice xenético de 1.348 puntos de ICO.
O prezo medio de remate foi de 2.706 €, partindo dun prezo de saída de 1.800€.
O volume total de vendas desta poxa foi de 24.350 €.
O animal que acadou o maior prezo foi unha Talent con nai BB81, inseminada do 4 de abril con Roylane Jordan, que acadou os 3.000 €. Foi o animal co índice xenético máis alto dos presentados nesta poxa, con 1.962 puntos de ICO. A súa nai, unha filla de Disney Rojo, ten unha produción vitalícea en 6 lactacións de 71.144 quilos de leite, cun 3,22% de proteína. Este animal foi presentado pola gandería O Pedregal, de Trabada.
Pouco público, debido ao intenso frio que fixo durante a mañá do domingo, con presencia de gandeiros de Pontevedra, A Coruña e Lugo.
O acto estivo presidido polo Alcalde de Monterroso, D. Antonio Gato Soengas e polo Presidente de Africor-Lugo, D. José Manuel López Tellado.