AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Resultados da poxa de Castro Ribeiras do Lea

02 / Junio / 2007

Nova poxa de xovencas donde se presentaron dezaoito animais dos que se venderon dezasete. Os prezos estiveron máis contidos que na anterior poxa de Castro Ribeiras do Lea, uns 156 € menos por xovenca, resultando un prezo medio de 1.929 €. Foron seis as que superaron os 2.000 €.
 
foto poxa
 
Cinco das xovencas foron para ganderías de A Coruña, e o resto para a provincia de Lugo, principalmente para o concello de Sarria.

foto maseda manat O prezo máximo, 2.350 €, acadouno unha xovenca filla de Manat, nacida do 16 de xaneiro de 2005, cuberta con Six, do 6 de outubro, presentada por gandería Maseda, do concello de Pol. A nai está cualificada BB81, con avoa BB82. O seu índice xenético, de 1.549 puntos de ICO, foi un dos máis altos. Salientar a nai do animal, con producións por riba dos 10.000 quilos por lactación, con medias de 4,62% de graxa e 3,32% de proteína.

A xata do sorteo, cedida pola Granxa Gayoso Castro, foi para gandería Outeiro, de Chantada. Esta xata ven da familia de Starmore Rachell, a nai de Rudolph, sendo esta a súa bisavoa.

foto poxa foto poxa

Menos público que noutras ocasións, pero con moitos compradores interesados en facerse cunha xovenca desta poxa.

foto poxa

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético