AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

REUNION DOS SOCIOS DE AFRICOR LUGO

27 / Abril / 2008

O pasado día 23 de abril tivo lugar a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria de socios de AFRICOR LUGO.

Edelmiro  e Jose ManuelEsta foi pola mañá e logo pola tarde tivo lugar unha charla a cargo do Director Xeral de Desenvolvemento Rural, D. Edelmiro López Iglesias que explicou os presentes que neste momento se esta a negociar un novo cambio na PAC (Política Agraria Común), denominado como chequeo médico da PAC, que deberá ser aprobado polo Consello de Ministros da UE na segunda metade do 2008.

Esta reforma da PAC centra as súas accións sobre 3 eixos:

  • Pago Único
  • Mercados
  • Desenvolvemento Rural

De forma xeral o que se pretende con esta reforma é o total desacoplamento do Pago Único e tomar como única referencia para o cálculo déste o número de hectáreas das que se dispoña. A nivel de mercados, en concreto do mercado lácteo, pretenden eliminar os mecanismos de intervención de prezos, entre os cales estan as cotas leiteiras, así como o prezo de intervención de determinados produtos.

Estas reformas deberían proporcionar un aforro a UE que sería investido no chamado Desenvolvemento Rural, cuias liñas de actuación irán encamiñadas cara a protección do medio ambiente, a loita contra o cambio climático, a subvención de seguros agrarios etc.

charla edelmiro

Segundo o Director Xeral, a posición da Consellería do Medio Rural respecto deste tema e o seguinte:

  • Pago Único

Están en contra do desacoplamento total, porque fomenta o abandono do medio rural, polo que estes agricultores tampouco cumplirían co seu cometido social, de ahí que defendan o pago para os produtores que manteñen a actividade.

  • Desenvolvemento Rural

Sí ao potenciamento destas liñas, pero non a costa de reducir as axudas os produtores.

  • Mercado Lácteo

A Consellería do Medio Rural esta en contra dunha liberalización completa do sector, considerando necesarios algún tipo de mecanismos que permita unha certa regulación entre a oferta e a demanda, evitando así grandes oscilacións nos precios do leite. Estase a favor de fomentar os contratos de explotación, entre gandeiros e compradores de leite (indústrias e primeiros compradores), que clarifique as condicións da compravenda do leite 

Neste sentido están a traballar na Mesa do Leite como organismo de comunicación entre produtores e indústrias e a traveso da creación do Observatorio do Sector Lácteo de Galiza , coa finalidade de dispoñer de información real e de primeira man sobre a evolución do sector.

En resumo a Consellería:

  • Esta en contra do desacoplamento total da axudas do Pago Único
  • Defende a necesidade dalgún mecanismo de intervención pública nos mercados agrarios
  • Defende as axudas directas ós produtores como medio para mellorar a súa renda.

 charla

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético