RESUMO DAS POXAS ORGANIZADAS POR AFRICOR-LUGO
25 / Noviembre / 2005
Tras celebrarse a última poxa da tempada, o balance das seis poxas organizadas ao longo do ano foi o seguinte:
Animais ofertados: 78
Animais vendidos: 71
Volumen total de ventas: 114.600€
Prezo medio de saída: 1.330€
Prezo medio de venda: 1.573€
|
 |
As poxas celebradas foron as seguintes:
Castro Riberas do Lea : 5 de marzo / 28 de maio / 5 de novembro
Monterroso: 17 de abril
Chantada: 30 de outubro
Muimenta: 3 de abril
Se realizamos unha comparación entre os prezos de remate no ano 2004 e 2005, por meses, atopámonos co seguinte gráfico:
Obsérvase un descenso nos prezos medios de venda nos meses de verán e unha maior demanda hacia o outono.
O animal que acadou o prezo máis alto foi Reixa Lykra KLN Rubens, unha filla de Stbvq Rubens de 24 meses, preñada de 8 meses con Talent, con nai Wade MB85, avóa Lincoln MB85 e bisavóa Cobalt MB 87, de gandería Reixa, de Castroverde, que acadou a cifra de 2.400€.
Salientar a boa acollida deste tipo de eventos, que teñen como finalidade potenciar a venda de animais criados en explotacións de Control Leiteiro da provincia de Lugo. As condicións sanitarias dos animais ofertados son un valor engadido. Todos os animais están saneados nos trinta días anteriores á poxa e son analizados de IBR, BVD, Neospora, e Paratuberculose.
Os compradores teñen todo tipo de facilidades, xa que a propia organización corre co transporte dos animais. Así mesmo os vendores so teñen que ofertar animais que cumpren os requisitos marcados pola organización, sendo esta quen corre cos gastos das analíticas, transporte, pelado e preparación dos animais.

Agradecer a colaboración dos Concellos implicados na celebración destas poxas, concienciados da importancia de promocionar a recría das explotacións gandeiras da provincia e o sector gandeiro en xeral, como son os Concellos de Castro de Rei, Chantada, Cospeito e Monterroso. Así mesmo agradecer a Xenética Fontao S.A., que colabora doando un lote de doses por cada animal adquirido nas poxas. Naquelas que se organizan en Castro Riberas do Lea, a Granxa Gayoso Castro, sortea unha becerra entre os asistentes, sendo este un aliciente máis para participar, tendo en conta que se trata dunha gandería que na actualidade conta con tres vacas entre as cinco primeiras pro ICO en España. Tamén é de salientar e agradecer a colaboración dos Servizos Veterinarios da Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural e do Laboratorio Pecuario Rexional pola súa colaboración na realización das probas sanitarias.

O prototipo de animal ofetado e unha xovenca próxima o parto, preñada de 8 meses, de 26 meses de idade, cuberta con un touro de inseminación artificial, cunha nai cunha producción media de 9.600 Kg de leite e unha cualificación morfolóxica de 79,5 puntos.
Entre o público asitente as poxas repártense catálogos coas Cartas Xenealóxicas emitidas por CONAFE, como documento que recolle toda a información dos animais ofertados, agradecendo a súa colaboración na realización destas poxas.
Para rematar, agradanos pensar que os máis de 114.000€ é diñeiro que queda en explotacións da provincia, sendo un ingreso complementario á venda de leite destas ganderías.