RESUMO DA CHARLA DE D. CARLOS ESCRIBANO
24 / Abril / 2006
O día 20,de abril, xoves, tivo lugar a participación do Director Xeral de gandería do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, D. Carlos Escribano Mora, nunha charla informativa para os asociados de Africor-Lugo sobre as liñas de actuación do Ministerio en relación ao sector vacún de leite.
Se ben non puido concretar moitos aspectos, xa que ainda están en proceso de negociación coas Comunidades Autónomas, foi no debate posterior á súa intervención donde se clarificaron algúns aspectos. Este debate tamén serviu para que o Director levara unha impresión do que pensan os gandeiros sobre as actuacións da Administración e cal é a súa problemática, nestes momentos de baixos prezos e de incertidume de cómo vai a quedar o sistema de cotas.
Os puntos principais do debate foron:

A continuación detállase algunha das intervencións e as respostas de D. Carlos Escribano.
Pregunta: Posibilidade de transferir cota entre particulares, como medida complementaria ao redimensionamento da produción das explotacións.
C.E.: Estase a estudiar esta posibilidade, se ben ten que ser consensuada polas Comunidades Autónomas.
Pregunta: Como ve a intervención da Administración nunha Mesa de Regulación de prezos, que asegure uns mínimos a pagar ao productor
C.E.: A Administración pode actuar como mediador entre as partes, pero a súa intervención é limitada polas normativas da Comunidade Europea. O asociacionismo é a mellor medida de presión fronte á indústria.
Pregunta: Que opina sobre a postura da FENIL, que defende a baixada de prezos ao productor como medida para incrementar a rendibilidade da indústria
C.E.: É licito que a federación busque a máxima rendabilidade para os seus asociados. A solución ante unha posible indefensión está na capacidade de negociación, seguindo o modelo francés, donde o productor é capaz de sentarse a negociar coa indústria.
Pregunta: Postura da Administración na venda de leite a prezos por debaixo do custo de produción.
C.E.: O leite non debería ser utilizada como reclamo para o consumidor. Estas actuacións por parte da distribución deben ser denunciadas.
Pregunta: Deberíase facer un maior control sobre o leite procedente de Francia, obrigando á indústria a marcar no embalaxe a orixe do leite que contén
C.E.: O MAPA está a desenvolver un plan de calidade que permita unha maior trazabilidade do leite.
Pregunta: A Letra Q desenvolve unha normativa de obrigado cumplimento para o productor, que está plantexada máis para controlar o leite negro que para levar unha trazabilidade do producto.
C.E.: A Letra Q é un plan de control de calidade moi amplo, que abrange tanto á indústria como ao productor, se ben precisa de ser desenvolvido.
Pregunta: Porqué se pasa dun libre mercado de cotas a unha intervención total da Administración e agora a unha rexionalización do reparto de cotas do Fondo.
C.E.: A rexionalización é común no sector agrario. A tendencia é inevitable pola xestión das Comunidades Autónomas que tratan de evitar a perda das axudas que lles podan corresponder. De momento non existe rexionalización, pero está en estudio.
Pregunta: Dado que o leite procedente de Francia é un elemento que incide na baixada de prezos ao productor, o problema poderíase resolver en parte dándolle información ao consumidor sobre a orixe do leite que contén o envase. As importacións de leite non están sometidas ao mesmo control que o leite producido en Galiza.
C.E.: As competencias da Dirección Xeral de Gandería limítanse ata a entrada do leite na indústria. Falta un seguimento dende que sae ata o consumidor. Precísase avanzar máis no plan de calidade.
Pregunta: Deberíanse axilizar os pagos das primas ao productor, dada a alta carga de endebedamento que teñen que soportar.
C.E.: Precísase cumplimentar os impresos de solicitude de axuda da PAC. Dado que este é o primeiro ano, posiblemente leve algún retraso. Toda a información debe cotexarse, dar prazos para atender reclamacións, etc, o que lentifica o proceso.
Pregunta: O desacoplamento das axudas conleva derivar as axudas a gandeiros e agricultores que non producen riqueza.
C.E.: As primas foron calculadas para compensar as baixadas de prezos. Non se debe entrar no debate entre explotacións familiares e empresariais de cara á percepción de axudas. As explotacións empresariais tamén xeran riqueza e contratan persoal.
Pregunta: Porqué non intervén a Administración no bloqueo das indústrias cando un gandeiro pretende cambiar de empresa ou cando se poñen de acordo para facer unha baixada dos prezos.
C.E.: A Administración non ten capacidade xurídica para intervenir na política de prezos dunha indústria. Si que pode axudar a chegar a acordos a través de negociacións entre productores e a indústria. O tribunal da competencia debería intervir nos acordos de fixación de prezos por parte da indústria, feitos que deben ser denunciados de comprobarse a súa existencia.
Pregunta: Qué posibilidade existe de solicitar á Comunidade Europea un incremento de cota para España.
C.E.: Poderíase solicitar, pero precisaría dun acordo do resto dos países membros, que ven en España un consumidor dos seus excedentes de produción. É preciso traballar na transformación do leite en productos de valor engadido, seguindo o modelo italiano, que exporta leite líquido e deixa para o mercado interno o producto transformado.
-
Galiza conta con 16.085 productores de leite, cunha cota media de 134.000 kg.
-
Representa o 55% das ganderías en España e o 35,5% da cota nacional
-
O 43,5% das explotacións ten menos de 75.000 kg. de cota |