AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

RESULTADOS POXA MONTERROSO

10 / Diciembre / 2006

Se ben presentouse unha mañá fria, despois do temporal do sábado, a gran demanda de animais de reposición fixo que acudiran ao Mercado gandeiro de Monterroso unhas cen persoas que non deixaron escapar a oportunidade de adquirir algún dos animais presentados.

    

Vendéronse todos os animais, dezasete xovencas próximas ao parto e tres vacas acabadas de parir, procedentes de trece ganderías da provincia de Lugo.

Os compradores, procedentes de toda a provincia, sendo a maioría para Sarria e Portomarín. Tamén houbo compradores de Pontevedra e Asturias.
 
 
O prezo medio de saída foi de 1.383€ e o de remate de 1.775€. O volume total de vendas foi de 35.500€.
 
 
 
O animal que acadou o prezo máis alto foi unha filla de Ricecrest Emerson, con nai James 81, avoa Rudolph 80, e así ata completar 7 xeracións inscritas en libro Xenealóxico, que presentou a gandería Vila, de Nadela, Lugo. A xovenca de 25 meses está preñada con Blitz, do mes de maio. A nai do animal deu en dúas lactacións 20.349 Kg. de leite con 3,88% de graxa e 3,35% de proteína. Así mesmo foi o animal co índice xenético máis alto dos presentados, cun ICO de 1.889. Foi adquirido pola gandería Capón de O Corgo, Lugo.
 
 
 
 Salientar a boa acollida da poxa, tendo repercusión incluso fora da provincia, ao achegarse compradores de Pontevedra e Asturias.
 
     

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético