AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Concursos · Resultados anteriores

RESULTADOS MOEXMU

21 / Septiembre / 2005

 

Participaron 93 animais de 27 ganderías, todas da provincia de Lugo. A igual que o ano pasado, máis vacas que xovencas. O concurso estructurouse en 13 secciones, cun intervalo de idade coincidente con as seccións do Nacional.

Participaron animais que xa competiron no Nacional de Primavera, corroborando o seu bo estado de forma, quedando todas en postos destacados. Destacar a xata campeona e xovenca gran campiona, Bos Nodi Merchant Dana, de gandería Nodi, de Barreiros, onde se combina tipo e xenética, filla de Bos Marty Dana (MB87), unha vaca do programa galego BOS-FEFRIGA, procedente da familia de Snow Denises Dellia (EX95).

A que foi segunda de sección no Nacional, Rei Riquiña Lheros, foi a xovenca campiona. Salientar desta mesma gandería,Rei de Miñotelo, unha xata, Rei Galletera Lee, primeira na sección de ata 8 meses, que seguro que dará que falar no Rexional.

En vacas, tamén poucas sorpresas, a Wade de Pozo, a Rudolph de Rei de Miñotelo e a Progress de Mantoño. Gandería Cid tamén obtivo dúas primeiras de sección, dous bos animais xa coñecidos, Cid Astre Rosi, que foi xovenca gran campiona no Rexional de 2003, e Hirta que con nove anos segue gañando premios. Tamén novos animais como a vaca nova campiona, filla de Bos Lee Mistral de Xercas-Cavadas e a que foi mellor ubre do concurso, Gaigo Julieta Jolt, de SAT Gaigo.

SAT Cavadas de Xermade, segue sendo o mellor criador, tras tres anos consecutivos, mentras que o mellor rabaño foi para gandería Cid, de Barreiros.

Boas vacas e un gran ambiente gandeiro, durante os tres días. Estrenouse pista cuberta (pabellón deportivo), intentando dar máis comodidade a os moitos espectadores do concurso. O xuíz, Quim Sabriá, moi correcto, agradecendo en todo momento o bon facer dos gandeiros e dando explicacións convincentes as súas colocacións na pista.

 Resultados completos

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético