AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

RESULTADOS DA POXA DE MOEXMU

04 / Abril / 2011

Poxa con moita concurrencia de público, que tiña como novidade a presenza de tres animais da Finca de Bos (Fefriga) e tres machos procedentes da Granxa Gayoso Castro (Inludes)

Dos 15 animais presentados, vendéronse 14, chegando a un prezo medio de 2.168 €.

POXA FRISONA

Por grupos, o prezo medio das de Bos foi de 2.933 €, namentras que as presentadas pólas ganderías de Lugo, foi de 2.219 €. O prezo médio dos machos foi de 1.267 €.

POXA MOEXMU

O animal que acadou o prezo máis alto foi Bos Pronto Ellen, que chegou ata os 3.900 €. Trátase dunha xovenca preñada con Gabor, de primeiros de xullo, con 7 xeracións cualificadas excelentes no seu pedigrí. Procede da família da Krull Broker Ellegance, o que sen dúbida se notaba na súa extraordinaria morfoloxía.

 BOS PRONTO ELLEN
BOS PRONTO ELLEN

Dos animais presentados pólas ganderías de Lugo, o de maior prezo foi Outeiro Howie Koroza, da gandería Outeiro, de Chantada, unha primeriza parida de marzo, con nai e avoa MB.

OUTEIRO HOWIE KOROZA   OUTEIRO HOWIE KOROZA

Dos machos, salientar os dous irmáns completos, do cruce Karona Goldwyn Britney por Shottle, con 9 xeracións calificadas MB ou Ex e 112 estrelas no seu pedigrí, da família de La Presentacion Petrel.

 POXA MACHOS

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético