RESULTADOS CONCURSO MOEXMU 2010
10 / Abril / 2010
GALERIA DE FOTOS
Reportaxe O AGRO
Reportaxe LABRANZA
Concurso celebrado en Muimenta, Cospeito, en plena Terra Chá, bisbarra gandeira da provincia de Lugo, con máis de vinte anos de tradición.
Participaron vinte e oito gandarías, incluíndo dous da provincia de Pontevedra e unha de A Coruña; o resto de Lugo, cun total de 98 animais.
A participación foi similar á de anos anteriores, con sete gandarías de nova participación, sendo SAT Casanova, de A Coruña, a que recibiu o premio á gandería de nova participación.
Na mañá do sábado, nas seccións de animais novos, o título de Xata Campioa foi para a gandaría Callobro, de Trabada, con Callobro Xacobeo Valdeteja, nunha sección moi disputada, con cinco primeiras posicións moi parellas, se ben destacou por ser a máis equilibrada, con moi boa presenza en pista.
A Xovenca Campioa foi Capon Goldwyn Carol, de gandaría Capón, de Chantada, que se faría posteriormente co Campionato de Xovencas. Tamén foi Xovenca Campioa no Rexional celebrado en marzo.
CAPONHOLSTEIN GOLDWYN CAROL - GRAN CAMPIOA DE XOVENCAS
A Xata Campioa foi CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA GZ unha filla de Xacobeo de 10 meses de idade.
CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA GZ - XATA CAMPIOA
CANCELA GOLDWYN KIRA |
NOVELLE SEPTEMBER NEPAL |
Pola tarde chegou o turno das vacas en lactación e con elas máis público o concurso.
Os campionatos foron ben repartidos, co título de Vaca Nova Campioa para a gandaría Gracoza, de Cospeito, con Lar de Gracoza Final Cut Penelope, unha sorprendente primeiriza de apenas 24 meses, destacando polo seu sistema mamario.
LAR DE GRACOZA FINAL CUT PENEL - VACA NOVA CAMPIOA
A vaca Intermedia Campioa, foi Pozo Allen Mimosa, campioa reserva no Nacional de Primavera. Nesta ocasión relegou ao segundo posto á Campioa Galega, Cando Fania September, da gandaría Rei de Miñotelo, que quedou como campioa reserva. Pozo Allen Mimosa fíxose co título de Vaca Grande Campioa por ser un pouco máis equilibrada, cunha costela máis profunda e mellor sistema mamario.
POZO ALLEN 5275 MIMOSA - GRAN CAMPIOA DE VACAS
CANDO FANIA SEPTEMBER - CAMPIOA RESERVA
En adultas, a gandería Cid levou o campionato, con Cid Roy Muesle, unha clara gañadora da súa sección, polo seu caracter leiteiro e fortaleza, un animal moi ben unido en todas as súas partes.
CID ROY MUESLE - VACA ADULTA CAMPIONA
VIEITES CONCHITA IGNITER |
CAPON CAIXA LEE |
O campionato de Criador foi para o grupo presentado pola gandaría Cid, de Barreiros, quedando en segundo lugar a gandaría Pozo, de Lugo. O lote de Cid foi o máis homoxéneo, cos mellores sistemas mamarios.
GANDERIA CID - MELLOR CRIADOR
GANDERIA POZO - 2º MELLOR CRIADOR