AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

RESULTADOS CONCURSO MOEXMU 2008

12 / Abril / 2008

Este ano o concurso de MOEXMU celebrouse o 12 de abril, sendo o encargado do xulgamento  D. Jordi Juanola Codina, Xuíz Nacional de CONAFE.

Pola mañá tivo lugar o xulgamento das seccións de xatas e xovencas, unhas seccións pouco númerosas pero con animais de excelente calidade.
 
vista xatas
 
Resultando Xata Campiona unha becerra da gandería Perrelos de Taboada, filla de Botafogo e da que o Xuíz destacou a gran finura que posúe este animal.
 
 
perrelos amada botafogo
                                        PERRELOS AMADA BOTAFOGO
 
Como Xovenca Campiona o Xuíz decantouse por Sandamil Ramsses Meira, de gandería Sandamil de Castro de Rei, esta filla de Ramsses destaca fundamentalmente pola súa fortaleza de lomo e anchura de peito.
 
sandamil ransses meira
    SANDAMIL RAMSSES MEIRA
 
A hora de escoller a Gran Campiona de Xovencas o Xuíz decantouse pola de maior idade, acadando o título SANDAMIL RAMSSES MEIRA, esta fabulosa filla de Ramsses,  que é un touro de Xenética Fontao en espera de proba.
 
Xa pola tarde tivo lugar o concurso de vacas en lactación, cunha elevada participación e tamén moito público que non quixo perderse esta cita.
 
vista moexmu 2008
 
Como Vaca Nova Campiona resultou Travesía Titanic Trudy ET de gandería Sandamil de Castro de Rei, un animal cunha ubre perfecta e que destaca tamén pola boa armonía entre todas as súas partes.
 
 
 travesia titanic trudy et
TRAVESIA TITANIC TRUDY ET
 
 
Logo chegou o turno de escoller a Vaca Intermedia Campiona, un título sempre moi disputado e que neste caso foi para Anibal Champion Aleluya IV, da gandería Cid de Barreiros, una animal de 4 anos de idade que combina a perfección unha tremenda ubre cunha gran fortaleza corporal. 
 
anibal champion aleluya
ANIBAL CHAMPION ALELUYA IV
 
Logo chegou o momento de elexir a Vaca Adulta Campiona, unha sección sempre reñida xa que as vacas que chegan a estas idades en condicións de producir e poder participar nun concurso son vacas sempre moi boas, que reúnen as características necesarias para durar moito tempo na explotación, resultando Campiona  Pozo Lee 4760, da gandería Pozo de Lugo.
 
pozo lee 4760
POZO LEE 4760
 
Esta vaca destaca principalmente pola súa magnifíca estrutura, cun esqueleto perfecto, que lle permite manterse o longo dos anos nun estado formidable, e unha ubre moi correcta para a súa idade o que lle permite destacar alí donde vai.
 
Como VACA GRAN CAMPIONA  foi proclamada POZO LEE 4760, este expléndido animal xa leva dadas moitas alegrías os seus propietarios, xa que comenzou destacando de xovenca e agora con máis de 6 anos segue a destacar entre as vacas, demostrando que unha boa morfoloxía e un bo manexo son as mellores ferramentas para conseguir vacas cunha elevada lonxevidade.
 
 
POZO LEE 4760, o manexador, o propietario e o Xuíz
 
Pero tamén temos que destacar neste concurso os grupos presentados a Mellor  Criador, un premio moi valorado polos participantes, xa que compiten grupos de 3 animais nacidos na explotación, convertendo este galardón nun mérito o traballo de selección e manexo do gandeiro.
Nesta ocasión participaron cinco ganderías resultando MELLOR CRIADOR gandería NODI de Barreiros e SEGUNDO MELLOR CRIADOR gandería CAVADAS de Xermade.
 
ganderia nodi
        GANDERÍA NODI
mellor criador ganderia nodi
                      GANDERÍA NODI
 
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético