AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Lexislación · Axudas

RESULTADOS CONCURSO CHANTADA 2009

24 / Octubre / 2009

GALERÍA DE FOTOS

 

Nesta edición participaron 110 animais procedentes de 29 ganderías, todas elas da provincia de Lugo. O xulgamento estivo a cargo de D. Santiago García Souto, Xuíz Nacional de Conafe.

Pola maña tivo lugar o xulgamento das seccións de xatas e xovencas, onde os asistentes puideron observar uns magníficos exemplares con sección numerosas a animais moi uniformes.

XATAS E XOVENCAS

Destacar a notable actuación de todos os animais presentados pola gandería Pozo de Lugo con varios primeiros de sección e a Xovenca Gran Campiona do Concurso, VIEITES CONCHITA IGNITER, unha xovenca de 21 meses de idade que destaca pola sua finura e corrección de todas as súas partes.

Pero tamén e moi destacable a actuación da gandería Novelle, que na súa primeira participación no Concurso obtivo o título de Xata Gran Campiona con Novelle September Nepal. 

 VIEITES CONCHITA IGNITER
 VIEITES CONCHITA IGNITER - GANDERIA POZO
 
 
NOVELLE SEPTEMBER NEPAL
 NOVELLE SEPTEMBER NEPAL - GANDERIA NOVELLE
 
REY 470 BLANQUITA DOLMANREY 470 BLANQUITA DOLMAN 
NODI AFFIRMED LOLA
NODI AFFIRMED LOLA

Xa pola tarde e cunha maior afluencia de público tivo lugar o concurso das Vacas en Lactación, onde a pesar de haber algunhas seccións con poucos animais o nivel foi altísimo, como destacou o Xuíz.

vista
 
No apartado de Vacas Novas a Campiona foi Cid Goldwyn Aleluya V unha vaca que ven de obter este mesmo título no Concurso Nacional celebrado en Xixón no mes de setembro, pero que aínda así non o tivo fácil fronte as súas competidoras entre as que destacaba unha vaca de Rey de Miñotelo que acadou o título de subcampiona.
 
En Vacas Intermedias o Campionato foi para POZO ALLEN 5275 MIMOSA, que logo acadaría o título de Vaca Gran Campiona do Concurso, resultando subcampiona unha vaca de Cid que participou na mesma sección.
 
No apartado de Vacas Adultas a campiona foi Xercas Cav Djalma Stormatic, unha vaca que xa gañou este ano o concurso de MOEXMU e o Rexional de Galicia, quedando por detras a Tortue de Pozo.
 
POZO ALLEN 5275 MIMOSA
POZO ALLEN 5275 MIMOSA - GANDERIA POZO
 
 
CID GOLDWYN ALELUYA V
CID GOLDWYN ALELUYA V - GANDERIA CID
 
XERCAS CAV DJALMA STORMATIC
XERCAS CAV DJALMA STORMATIC
 
 
MELLOR CRIADOR POZO
MELLOR CRIADOR - GANDERIA POZO
 
 
REY 434 NATACHA GOLDWYNREY 434 NATACHA GOLDWYN
CID ROY MUESLE
CID ROY MUESLE
TORTUE LB 4573
TORTUE LB 4573
2 CRIADOR - CID
2º MELLOR CRIADOR - CID
 
CAMPIONAS 
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético