RESULTADOS CHANTADA 2011
12 / Marzo / 2011
GALERIA DE FOTOS
Con cambio de data, pasando ao mes de marzo, tras celebrarse en outubro no pasado ano, tivo lugar a XX edición do Concurso de Gando Frisón de Chantada, facéndoo coincidir coa Feira do Viño. Participaron 21 gandarías, unha delas de Pontevedra, cun total de 84 animais.
O xulgamento estivo a cargo do Xuíz Nacional de CONAFE D. Jordi Juanola Codina, de Cataluña.
Pola maña tivo lugar o xulgamento das seccións de xatas e xovencas.
Foi elixida como mellor xata CID SPIRTE ORFA, da gandaría Cid, de Barreiros, unha xata de nove meses con moita expresividade, limpeza de cuello, moi unida e que marca moi ben a costela. Tanto impresionou ao xuíz que a fixo Xovenca Gran Campioa. A xata Subcampiona foi para a gandaría Carteiro, de Carballedo, CARTEIRO SPIRTE LETIZIA.
Xovenca Gran Campiona - CID SPIRTE ORFA
En xovencas, a campiona foi MANTEIGA GOLDWYN VALENTINE, de gandaría Manteiga, de Vila de Cruces, un animal cunha tremenda estrutura e fortaleza, que se impuxo no campionato a CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA, da gandaría Callobro, de Trabada, quedando subcampiona por ter a costela menos arqueada e marcada que a Goldwyn, a pesar de presentar igualmente moita estrutura.
Xovenca Campiona - MANTEIGA GOLDWYN VALENTINE
Xata Subcampiona - CARTEIRO SPIRTE LETIZIA
Xovenca Subcampiona - CALLOBRO XACOBEO VALDETEJA GZ
Xa pola tarde chegou o turno das vacas, unha vez máis os animais sairon a pista coas ubres repletas de leite, e os asistente puideron observar como os mellores exemplares da provincia competian entre sí por demostrar a súas cualidades.
En vaca nova, unha nova promesa, REGO AIRRAID CLAUDINA, de gandaría Rego, de Láncara, da que o xuíz destacou polo seu ubre posterior, ancho e alto. A vaca nova subcampiona foi POZO LHEROS MIKAELA.
Vaca Nova Campiona - REGO AIRRAID CLAUDINA 2485
Vaca Nova Subcampiona - POZOSAA LHEROS MIKAELA
En intermedias, con tres seccións en pista, o campionato foi para a gandaría Rei de Miñotelo, de A Pastoriza, con REI DIANA IGNITER, unha vaca cun ubre impresionante, moi equilibrada e un costillar longo e arqueado. A subcampiona REI ROSITA GOLDWYN tamén destacou por un ubre con moi boa textura e inserción posterior.
Vaca Intermedia Campiona - REY 435 DIANA IGNITER
Vaca Intermedia Subcampiona - REY 454 ROSITA GOLDWYN
En adultas, impúxose CID ROY MUESLE, que sen ser moi grande, presentaba unha tremenda estrutura, cun ubre moi homoxéneo e sen defectos. Esta vaca conseguiu o título de Vaca Nova campioa no Rexional Galego de 2007. Como adulta subcampiona situouse POZO ALLEN MIMOSA, de gandaría Pozo, de Lugo, a vaca adulta subcampiona do Nacional de Conafe 2010.
Vaca Adulta Campiona e Gran Campiona - CID ROY MUESLE
Vaca Adulta Subcampiona - POZO ALLEN 5275 MIMOSA
Ademáis tamén tivo lugar a elección de Mellor Criador do concurso, sección na que compiten grupos de 3 animais nados na mesma explotación, neste caso participaron catro gandería resultando Mellor Criador do concurso a gandería Rei de Miñotelo da Pastoriza, cun grupo de animais moi uniformes e dos que o xuíz destacou as súas ubres, en segundo lugar quedou a gandería Cid de Barreiros.
Mellor Criador - REI DE MIÑOTELO
Segundo Mellor Criador - CID
Vista do concurso
O Mellor Rabaño, por puntos, foi para gandaría POZO, seguido de gandaría CID.
A continuación do concurso de vacas, celebrouse o Concurso de Manexadores, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia. Distribuíuse en catro seccións, máis un campionato, no que resultou campión absoluto José Alberto Iglesias Vila, da gandaría Rei de Miñotelo.
JOSE ALBERTO IGLESIAS - Mellor Manexador do Concurso
Maiores de 21 anos
Mozos entre 16 e 21 anos
Mozos entre 10 e 15 anos
Rapaces ata 10 anos
RESULTADOS COMPLETOS