RESULTADOS CHANTADA 2010
16 / Octubre / 2010
Nesta XIX edición do Concurso de Gando Frisón de Chantada participaron 20 ganderías e un total de 78 animais, todos eles procedentes da provincia de Lugo.
O xulgamento estivo a cargo do Xuíz Nacional de CONAFE D. José Manuel Medina Méndez, da gandería La Argomota, de Asturias.
Pola mañá tivo lugar o xulgamento de xatas e xovencas resultando Gran Campiona POZOSAA LHEROS MIKAELA, da Gandería Pozo, de Lugo, unha xovenca que ven de participar no Concurso Nacional da raza celebrado en Xixón o pasado mes de setembro, donde acadou un segundo posto de sección por detrás da que sería a xovenca campeona do Nacional.
A Xata Subcampiona foi para a gandería Fontestriz, de Chantada, cunha filla de Xacobeo, Fontestriz Xacobeo María.
POZOSAA LHEROS MIKAELA
Tamén salientar o papel da gandería Rei de Miñotelo de A Pastoriza, acadando o título de Xata Campiona con REY 509 NINFA SPIRTE , unha fermosa xata de tan só 10 meses de idade que xa mostra todo o potencial da raza. Rei de Miñotelo tamén levou o Subcampeonato de Xovencas, con Rey 471 Galleta Dolman
REY 509 NINFA SPIRTE
FONTESTRIZ XACOBEO MARIA |
REY 471 GALLETA DOLMAN |
Pola tarde chegou o momento das vacas en lactación nun concurso que se presentaba moi aberto, sen unha clara favorita, ao non estar presente Pozo Allen Mimosa, a gañadora do ano pasado en Chantada, ao estar seleccionada para participar a finais de outubro no Concurso Internacional de Cremona, representando a España.
A Gran Campiona do Concurso foi XERCAS CAV DJALMA STORMATIC, da gandería Cavadas de Xermade, unha vaca de 4º parto que aínda non fai un mes de parida, pero saíu a pista impresionate, da que o Xuíz salientou a súa ubre, pola súa enorme capacidade e as perfectas insercións, sobre todo a posterior. Esta vaca xa foi a Vaca Campiona de Galicia no Concurso Autonómico Fefriga 2009.
XERCAS CAV DJALMA STORMATIC
Como Campiona Reserva elexiu a Vaca Adulta Subcampiona TORTUE LB 4573 da gandería Pozo, unha vaca que destaca polo seu tremento carácter leiteiro e que leva participado en moitos concursos, quedando sempre entre as primeiras posicións.
TORTUE LB 4573
No campionato de Vacas Novas o premio tamén foi para gandería Pozo, con Vieites Conchita Igniter, unha primeiriza que o xuíz colocou por diante de Rey 454 Rosita Goldwyn, destacando a maior fortaleza que mostraba o animal neste momento. A Igniter de Pozo foi a Xovenca Gran Campeona da edición do 2009 de Chantada.
VIEITES CONCHITA IGNITER
REY 454 ROSITA GOLDWYN
En Vacas Intermedias resultou Campiona Lina Goldwyn Renata, da gandería Lina, de Trabada, este animal tamén participou no Nacional de Xixón celebrado en setembro e o xuíz destacou del a ubre e o seu tremendo carácter leiteiro.
LINA GOLDWYN RENATA
CAPON-HOLSTEIN BUCKEYE MERCHI
SAT Cavadas, de Xermade, foi elixido Mellor Criador, ao presentar un lote cos melleres ubres, quedando como 2º mellor Criador, gandería Capón, que presentou un conxunto con moi boas estruturas leiteiras
GANDERIA CAVADAS
GANDERIA CAPON