AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

RECRÍA DE XATAS

16 / Noviembre / 2008

Máis de catrocentas persoas acudiron o sábado á charla impartida por Jim Quigley, veterinario asesor de centros de recría en USA.

CHARLA SOBRE RECRIA

A resposta dos socios por un tema tan importante como a xestión da recría, superou as mellores espectativas da organización.

JIM QUIQLEY
J.D. Quigley e o director da empresa APC Inc., con sede en Iowa, e o xestor da páxina web www.calfnotes.com
 
 
Na charla describiu como se desenvolveron os Centros de recría en USA, na súa maioría empresas privadas, que chegaron a convertirse en macrocentros, con miles de xatas a recríar, para abaratar os custos.
 
 
A porcentaxe de utilización destos Centros de Recría polos gandeiros, é maior canto maior é o tamaño do rabaño do que proceden as xatas, sendo a media, o 9,3% das ganderías as que externalizan a recría neste tipo de Centros.
En rabaños de menos de 100 vacas, útilízanos o 4,7% das ganderías, os de 100 a 500 vacas, o 15,5%, e o 46% das ganderías de máis de 500 vacas.
 
O custo medio que paga un gandeiro que utiliza estos servizos é de 2,2 dólares por animal e día. O custo de recríar unha xovenca para o Centro é duns 1.542 dólares.
 
charla de JIM QUIGLEY
 
Esta charla foi organizada por AFRICOR LUGO, xunto co Colexio de Veterinarios de Lugo e contou co patrocinio de Escolmo e World Wide Sires, empresas ás que agradecemos a súa colaboración, e en particular a Marcos González pola súa labor como tradutor.
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético