15 / Diciembre / 2011
Segundo fontes do Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural e Marino, o prezo medio por litro de leite pagado en España no mes de outubro foi de 0,332 €, uns 0,012€ por riba do prezo medio da campaña.
A campaña iniciouse en abril cun prezo de 0,316 €.
Por comunidades autónomas (prezos pagados ao produtor en outubro):
Valencia: 0,360 €
Andalucía: 0,358 €
A Rioxa: 0,357 €.
Castela-A Mancha: 0,354 €.
Asturias: 0,342 €.
Castela-León: 0,337 €.
País Vasco: 0,334 €
Cantabria: 0,319 €.
Galicia: 0,319 €.
Baleares: 0,304 €.
¿Como están no resto de Europa?
A modo de exemplo, en Alemania, na rexión de Baviera, o prezo medio ao produtor por litro de leite en outubro foi de 0,357 €., uns 0,09€ por riba do prezo medio anual.
En Francia, na rexión de Rhône-Alpes, foi de 0,320 €., 0,012€ menos que o prezo medio anual.
En Holanda, teñen unha tarifación semanal, situándose nos 0,38 €.
En Italia, na rexión de Lombardía, e donde se obteñen os prezos máis altos, con 0,403 €. no mes de outubro, cun prezo medio anual de 0,395 €.
Nesta mesma rexión italiana, Italatte (o equivalente a Lactalis), ten contratos a 0,403 €. ata final de ano e de 0,407 €. de xaneiro a marzo.
Ter en conta que estos son prezos base para leite cru recollido en granxa, pero segundo o pais varían as calidades (graxa e proteína) de referencia. Así, por exemplo, para Alemania o prezo base é para un leite co 4,0% de graxa, ou para Holanda cun 4,4% de graxa.
Para mais información:
www.clal.it