AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Premios á Calidade do Leite EXPOAVIGA 2008

15 / Abril / 2008

A gandería de Prevesos, Castro de Rei, SAT VILAR ALAXE acadou o primeiro premio no Concurso Nacional de Calidade do Leite EXPOAVIGA 2008, celebrado o día 15 de abril, na Feira de EXPOAVIGA, en Barcelona.

 

sat vilar alaxe - 1 premio expoaviga

 

Esta gandería, foi premiada, xunto con outras cinco, representando a Galicia neste Concurso, que pretende otorgar un recoñecemento público ao esforzo que os produtores españois están a realizar para ofrecer un leite de máxima calidade, superando día tras día as pautas que marca a Unión Europea.

 

sat vilar alaxe premio expoaviga

 

Os mínimos exixidos durante o período analizado (ano natural 2007) son:

-Bacterioloxía                         <30.000 u.f.c./ml.

-Células somáticas                  <200.000 cel./ml.

Ausencia de Inhibidores e de Crioscopia

A partir déstos parámetros increméntanse as exixencias segundo a Guía de Prácticas Correctas de Hixiene correspondentes ao RD 1618/2005.

Cada Comunidade Autónoma nomina un número máximo de 10 explotacións que presentan os mellores resultados.

 

As ganderías elixidas representando a Galicia foron:

 

1º premio:   SAT VILAR ALAXE, Prevesos, Castro de Rei

2º premio:   CASA de BAIXO, de Nespereira, Hermida, Sarria

3º premio:   VEGA, de Estrigueiras, Ansemar, Castro de Rei

Diploma:     SAT MENORA, de Veiga de Pumar, Cospeito

Diploma:     SAT O VILAR, de Vilar, Alvare, A Pastoriza

 

A gandería SAT Vilar Alaxe, xunto coa de Casa de Baixo, teñen, entre outros méritos, o título de Mestre Criador, concedido por CONAFE.

 

casa de baixo premio expoaviga

 

 

premios expoaviga

 

 

 

 

Os premios foron recollidos por Benito Vila Iglesias, de SAT Vilar Alaxe e Gloria García Méndez, de Casa de Baixo, xunto con Manuel Capón Rodríguez, secretario de Africor Lugo, que recolleu os restantes premios en representación do resto das ganderías.

 

 

 

 

 

 

 

 

expoaviga 2008

 

No acto estiveron presentes os Directores Xerais de Gandería da maioría das Comunidades Autónomas, xunto con outras personalidades do MAPA.

 

 

Os nosos parabéns a todos os premiados

 

expoaviga 2008

 

 

expoaviga 2008

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético