07 / Abril / 2013
Presentáronse un total de 12 animais, con pleno nas vendas, acadando un valor total de 23.450 €. O prezo medio de 1.954 €, foi lixeiramente inferior ao das duas poxas anteriores deste ano, a de Castro Ribeiras de Lea en febreiro e ao de Chantada en marzo, nas que se superaron os 2.000 € de media.
Como ven sendo habitual, as vacas paridas de recien e as xovencas moi próximas ao parto foron as que acadaron o maior prezo, deixando de lado outras consideracións, como o pedigrí, penalizando as xovencas máis serodias.
Todos os compradores foron da província de Lugo, e foi unha poxa con bastante público, ao celebrarse no entorno da Moexmu.
O tope de prezo, 2.350 €, foi para dous animais ben distintos. Un deles foi unha xovenca próxima ao parto da gandería Gayoso Castro, de Castro de Rei, filla de Castro Blitz Blillo, con nai BB82, preñada con Zelgadis. A outra, unha primeiriza parida do 8 de marzo, con nai Durham Sam BB82, da gandería Pernas, de Xermade, procedente da familia de Bos Xercas Porta Patron, unha vaca con 26 descendentes, dos que o 78% están cualificados con máis de 80 puntos.
CASTRO BLILLO PEPA
XERCAS AGRAI CHAMOSO