AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Poxa en gandería OUTEIRO

24 / Noviembre / 2012

Poxa en gandaría Outeiro de Chantada: Cumpríronse as previsións dada a alta calidade dos animais presentados.

Presentáronse un total de trece animais, dúas xovencas próximas ao parto e once vacas de leite, das que sete eran de primeiro parto.

ANIMAIS A SUBASTAR

Todos os animais presentaban moi altas producións e cualificacións morfolóxicas, o que fixo que o prezo medio chegase aos 2.592 €; para ver estes prezos medios teriamos que remontarnos ao ano 2007.

Vista poxa

Á gandaría Outeiro acudiu moito público, nunhas instalacións moi ben preparadas para este tipo de eventos, que aproveitaron para ver o rabaño de produción, onde se atopaban moitas das nais dos animais presentados. Os compradores viñeron de A Coruña. Pontevedra e Lugo.

Vista poxa

O prezo máis alto, 3.650 €., foi para unha vaca de segundo parto, cualificada recentemente MB86, parida do 8 de outubro, con cinco xeracións MB, e unha produción en primeiro parto de 10.276 quilos. Trátase de Outeiro Talent Nokia, filla dunha Buckeye, que procede dunha familia de vacas canadenses.

OUTEIRO TALENT NOKIA

Esta gandaría ten planificada unha nova poxa na propia gandaría para principios do próximo ano.

Con esta poxa Africor Lugo pecha o calendario deste ano, tras realizar seis poxas, cun volume total de vendas de 165.550 €., cun prezo medio de 2.173 €.

 POXA GANDERIA OUTEIRO

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético