14 / Julio / 2010
O día 21 de xullo, mércores, ás 11 horas, na Granxa Gayoso Castro, da Deputación Provincial de Lugo, celebrarase unha poxa de machos de raza frisona para empregar como sementais nas ganderías lucenses.
Trátase de dous machos procedentes do programa de transferencia embrionaria que se está a desenvolver na Granxa Gayoso Castro.
CASTRO PEN ROUMARE 900, ten 19 meses de idade e está cualificado BB81. A súa nai é unha vaca da propia Granxa Gayoso Castro, de orixe italiano, Castelverde Rudolph Pen, cualificada MB85 en 1º parto. Á súa vez procede dunha liña de vacas canadienses con 14 xeracións cualificadas MB ou Excelente.
CASTRO REBECCA RED 942, ten 12 meses de idade, sendo un touro bermello, fillo dunha vaca canadiense, Stelbro Rebecca Anne, ao igual que a familia da que procede, cualificada MB 86. Acumúla 7 xeracións MB ou Excelente no seu pedigrí.