25 / Octubre / 2009
Poxa de gando frisón de Chantada
Vendéronse os oito animais presentados, sendo adquiridos na súa totalidade por compradores da provincia de Lugo, principalmente da comarca de Sarria.
O volume total de vendas acadou os 16.900 €, cun prezo medio de 2.112 €.
O animal que acadou o prezo máis alto foi Outeiro Mr Sam Pamela, unha primeriza parida de xullo da gandería Outeiro, de Chantada, pola que se chegaron a pagar 2.600 €.
OUTEIRO MR SAM PAMELA
Procede dunha familia de vacas de moita produción, cunha nai Aaron con máis de 17.000 quilos de leite en segundo parto. Foi o animal presentado co maior índice xenético, 2.199 puntos de ICO, o que a situa entre o 2% das mellores vacas de España por índices xenéticos.