07 / Noviembre / 2009
Nesta nova edición da poxa de Castro Ribeiras do Lea, subhastáronse por primeira vez vacas de leite, que tiveron moi boa acollida.
Vendéronse os trece animais presentados, catro primerizas e nove xovencas próximas ao parto. Os compradores, todos da provincia de Lugo, dende Alfoz ata Monforte.
CASEIRODERNES BUCKEYE SLAM
O animal que acadou o prezo máis alto, 2.650 €, foi a vaca presentada pola gandería Caseiro de Ernes, de Cospeito, unha filla de Buckeye, parida de agosto, con nai Lheros (MB 85) e avóa Rudolph (Ex 91).
Cun prezo medio de saída de 1.700 €, todas foron subindo de prezo, ata os 2.042 € de media. O volume total de vendas foi de 26.550 €.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |