13 / Diciembre / 2009
Poxa pouco concurrida nunha mañá fria, da que sería a última poxa do ano, e a última que se celebra en Monterrroso, xa que o Concello desistiu de seguir organizando poxas de gando frisón para o ano 2010.
Vendéronse 13 dos quince animais presentados, ofertando catro vacas e once xovencas próximas ao parto.
O prezo de remate foi de tan so 1.888 €, cun prezo medio de saída de 1.683 €.
O volume total de vendas acadou os 24.550 €.
Os prezos máximos foron os acadados polos dóus animais presentados pola gandería Falcón, de Crecente, A Pastoriza, chegando aos 2.200 € cada unha:
![]() |
![]() |
Unha xovenca filla de Talent, preñada de abril con Moes, con nai BB 80, cunha produción vitalícea de 24.012 quilos en dous partos, cun 3,32% de proteína. |
vaca de primeiro parto parida do 25 de novembro, filla de Merchant, con nai B 78, cunha produción vitalícea de 23.409 quilos en dous partos, cun 3,18% de proteína. |
O vindeiro ano iníciase coa poxa de Castro Ribeiras do Lea, a celebrar o día 20 de febreiro.