AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Poxa de Chantada - Resultados

12 / Marzo / 2012

Coincidindo coa Feira do Viño, celebrouse en Chantada unha nova edición da Poxa de Gando Frisón, organizada pola Asociación de Gandeiros da Comarca de Chantada e Africor Lugo, coa colaboración do Concello de Chantada, a Cooperativa ICOS, Caixa Rural Galega, o Inludes (Deputación Provincial de Lugo) e a Consellería do Medio Rural.

Presentáronse once animais dos que se venderon oito, acadando un prezo medio de 2.169 €, cun volume de vendas de 17.350 €.

Os animais fóronse para ganderías de Lugo, A Coruña e Pontevedra.

 

O animal que acadou o prezo mais alto, 2.550 €, foi Outeiro Cid Belladona, de gandería Outeiro, de Chantada, unha xovenca filla do touro de Xenética Fontao, Bos Cid Maciñeiro, preñada do dezaseis de xuño con Pine Tree Sid. Un animal moi novo, nado de finais de abril de 2010, cunha nai cualificada 84 puntos, cunha produción vitalícea en cinco partos de 69.298 quilos de leite. Procede dunha família de vacas canadianas con varias xeracións MB/Ex. A avoa, MB86, ten seis estrelas no seu pedigrí.

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético